Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Primer equipo | 09/11/2017 16:52

O Leyma Coruña, minguado polas baixas, mídese mañá a Cáceres Patrimonio da Humanidade

El Leyma Coruña, mermado por las bajas, se mide mañana a Cáceres Patrimonio de la Humanidad

O Leyma Coruña enfróntase mañá ás 21.00 horas ao Cáceres Patrimonio da Humanidade e aspira a lograr a terceira vitoria consecutiva, tras imporse a Río Ourense Termal e a Actel Força Lleida.

Co equipo coa moral alta tras os últimos triunfos, o punto negro está na enfermaría. "A nivel mental e emocional estamos moi ben, pero tivemos moitos problemas a metade da semana sen poder facer cinco contra cinco polas importantes lesións que arrastramos. A parte da de longa duración de Larry Abia, Sergio Olmos aínda non sabemos se chegará para o partido e caeron lesionados Zach e Gilling, así que a día de hoxe temos oito xogadores. Fixemos un bo traballo, aínda que nos faltou completar todo o que planearamos durante a semana".

"Os que ao final vaiamos temos que ir ao cento por cento e sacar un partido complicadísimo. Sería bo coller dinámica de encadear vitorias e un triunfo de valor para despois recibir a Melilla", advirte o técnico laranxa. Sobre o seu próximo rival, avisa do perigo de que empezase mal e estea en busca dunha boa onda. "Non comezou ben, pero mellorou e é un equipo de refachos. Está permanentemente na liña de tres, cunha altísima porcentaxe, dinámico, ataca moi ben con catro exteriores sempre ameazando e cando teñen o día é peligrosísimo. Veñen dunha derrota en Azpeitia e para eles será un partido de risco polo que suporía encadear derrotas", indica.

Así mesmo, Aranzana recoñece a igualdade que hai neste curso na Leb Ouro. "Todos os equipos estamos agora nunha fronteira, ou nos enganchamos arriba ou seguimos transitando por baixo da táboa. Todos queremos coller dinámicas e xa definitivamente ver se te vas para arriba ou se te vas quedando lonxe dos postos de privilexio. E nós non queremos perder esa dinámica. Estabamos os últimos, encadeamos dúas vitorias e estamos pola zona media, se sumamos outra nos podemos pór sétimos ou sextos", apunta.

Máis que mirar á táboa, fala do estado anímico do grupo: "Non miro a clasificación, impórtanme as sensacións e no día a día estamos a adestrar moi ben, o equipo está alegre, xogando ben, cada vez máis sólido, coas ideas máis claras e tomando mellores decisións".

Tras esta visita, a seguinte cita laranxa volverá ao Palacio dos Deportes de Riazor o venres 17 ás 21.00 horas ante o Club Melilla Baloncesto.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro