Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Primer equipo | 07/11/2016 16:31

O Leyma Coruña lanza os martes laranxas para impulsar a afección nos partidos entre semana

El Leyma Coruña lanza los martes naranjas para impulsar la afición en los partidos entre semana

Tras o encontro do venres en Logroño, o Leyma Coruña volve competir mañá martes ás 21:00 horas, esta vez en casa e fronte a un dos equipos máis fortes da liga, o San Pablo Inmobiliaria Burgos.

Co fin de animar a asistencia da afección aos partidos que esta tempada está previsto celebrar entre semana no Palacio dos Deportes de Riazor, o club baloncestístico lanzou a promoción dos "martes laranxas", pola que os socios e abonados poderán convidar gratis ao partido a dúas persoas, comezando por mañá mesmo.

Doutra banda, neste encontro o Club Básquet Coruña colaborará coa Cociña Económica mediante a instalación dunha hucha no Palacio dos Deportes de Riazor, na que se poderán depositar donativos en favor do labor social que realiza esta entidade na nosa cidade.

Análise previa de Tito Díaz

Na previa do choque, o técnico Tito Díaz destacou o valor especial que tería lograr mañá unha vitoria, por ter como rival a un dos equipos máis fortes da liga, que na cancha logrou o ascenso en tres ocasiones e cuxas persoais sempre están deseñadas co ambicioso obxectivo. "Levan 85 puntos de media en ataque, e en defensa fan moitas trampas tácticas", como zona en saques de banda e saques de fondo, despois de tiro libre ou ante un ataque do rival, e "conserva a esencia do seu anterior adestrador Andreu Casadevall", relevado polo que foi o seu axudante durante oito anos, Diego Epifanio.

O conxunto burgalés conserva dúas pezas moi relevantes da pasada tempada, o alero Edu Martínez e a á-pivote Javi Veiga, ademais de recuperar a Jorge García como segundo á-pivote. Xunto ao oficio que encerran este tres pezas, Tito Díaz destacou as fichaxes de "os dous mellores xogadores do Huesca a pasada tempada", en referencia ao base Aegir Steinarsson e o pívot Goran Huskic, así como "a posición de escolta mellor cuberta da liga", da man de Alex Barrera e Alex López, bo tirador e defensor respectivamente.

O adestrador do Leyma Coruña asegurou que o seu equipo chega a este encontro con ilusión e confianza, e recoñece que se gañan este choque significaría "confirmar a nosa traxectoria". Sabe que, para iso, esta vez non será suficiente con facer ben algunhas facetas do xogo, senón que "non poderemos perder ningunha batalla, tanto o rebote como o ritmo, o nivel defensivo e o acerto". Porque estamos ante un conxunto con 97 puntos de valoración -o máximo, xunto ao Breogán- e unha media de 37 rebotes, dos cales 11 son ofensivos.

Por todo iso, o adestrador pide á marea laranxa que, a pesar de xogar en martes, acudan a Riazor, "porque os necesitamos" e porque os seus xogadores notan "o bo feeling" coa bancada, un factor que engade centímetros ao Leyma Coruña. En casa, o aro está máis preto.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-previa-j8.m4a









non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro