Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 05/09/2017 20:02

O Leyma Coruña inicia este fin de semana os partidos dunha esixente pretemporada

El Leyma Coruña inicia este fin de semana los partidos de una exigente pretemporada

O novo proxecto do Leyma Coruña, con Gustavo Aranzana á fronte, iniciou este venres 1 de setembro a pretemporada. O corpo técnico completado por Charlie Uzal, Iria Uxía e o preparador físico Gustavo Gago, deseñaron unha pretemporada de amigables para ultimar a posta a piques do renovado persoal deste curso 2017-18.

A primeira cita será este venres día 8 ás 18:45 (hora portuguesa) nun duelo que medirá aos laranxas ao Benfica.

O Leyma Coruña seguirá en terras lusas para medirse en dobre partido ao Vitória S.C Guimaraes no Torneo Minho/ Galiza. O sábado 9 disputarase a ida e a volta o domingo 17 ás 18.00 no Palacio dos Deportes de Riazor.

A Copa Galicia será outra das citas importante antes do inicio do curso. Os laranxas comezarán a súa andaina enfrontándose a Cambados a domicilio o mércores día 13 ás 20.45. O venres 15, exercendo como local aínda que xogando no Pazo de Lugo, o rival será o Breogán ás 20.45 horas. Completarase o fin de semana de competición co duelo a domicilio ante o COB, en Lugo ás 19.00 horas. Se os laranxas conseguen gañar as súas cruces os seguintes enfrontamentos serán en Marín: a semifinal o venres 22 de setembro e a gran final o domingo 24.

A preparación regresará á Coruña coa disputa do Teresa Herrera o martes 19 de setembro no Palacio dos Deportes de Riazor ás 20.00 horas cunha rival ACB, como é o Real Betis Enerxía Plus. O prato forte desta precampaña que servirá como a presentación ao grande do equipo ante a afección laranxa.

Un conxunto de partidos antes do inicio ligueiro, que o calendario quixo que sexa lonxe da cidade herculina, e que xa está fixado no calendario laranxa: o 1 de outubro ás 18.00 horas contra o Sammic.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro