Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Primer equipo | 09/04/2018 10:38

O Leyma Coruña claudica ante a efectividade exterior do Iberostar Palma (79-90)

El Leyma Coruña claudica ante la efectividad exterior del Iberostar Palma (79-90)

O Leyma Coruña perdeu ante o Iberostar Palma (79-90), nun encontro marcado polo acerto dos visitantes desde a liña de 6,75 (do 62 % ) e por un mal terceiro cuarto dos coruñeses, que a punto estiveron de emendalo no último acto.

Saíron os dous equipos lanzados en ataque, os herculinos con Olmos facendo dano na pintura e Monaghan sumando tres triplos neste primeiro cuarto. Ambos os conxuntos brindaron ao numeroso público presente un festival anotador no primeiros dez minutos (30-29).

Baixou a proxección ofensiva no segundo acto, coas dúas escuadras axustando mellor as defensas e cunha anotación coral por parte dos locais e un Rafa Hortas que comandaba o ataque polos visitantes. A pesar de todo, os laranxas íanse por diante ao descanso (47-41).

Tras o paso por vestiarios, saía peor o Leyma Coruña, que encaixaba un 0-16 (47-57) que deixaba ao equipo momentaneamente noqueado. Recompúñanse os de Gustavo Aranzana, chegando a porse a dous nos instantes finais do terceiro cuarto (65-67). Un triplo desde oito metros de Hortas facía dano e marcaba a Iberostar o camiño no acto definitivo (67-72).

Os visitantes, de doce desde a liña de 6,75 non daban opción aínda batallador Leyma Coruña, que o tentaba ata o final. Un triplo de Monaghan a menos de catro minutos apertaba o luminoso (78-82), pero finalmente o maior acerto de face ao aro dáballe a vitoria a Iberostar Palma (79-90).

Os laranxas volverán ao Palacio o vindeiro venres día 20 ás 21.00 horas para medirse aos Cafés Candeas Breogán.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro