Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Primer equipo | 21/01/2018 11:24

O Leyma Coruña cimenta a súa terceira vitoria consecutiva nun gran cuarto período ante Araberri (80-99)

El Leyma Coruña cimenta su tercera victoria consecutiva en un gran cuarto período ante Araberri (80-99)

O Leyma Coruña logrou un importante triunfo ante Araberri (80-99), un rival directo na pugna polo playoff, e sumou a súa terceira vitoria seguida tras un gran último cuarto (12-35).

O encontro comezou cos dous equipos marcando un ritmo frenético, de ataques curtos e moito tiro exterior. Xogadores como Gilling e Sanz desmarcáronse co seu acerto de tres e nese intercambio de golpes saíu mellor parado o equipo adestrado por Antonio Pérez Caínzos (24-22).

O segundo comezou co mesmo guión e sen un dominador claro, aínda que o Leyma Coruña collía unha pequena renda (31-36), que rapidamente respondían os locais cun 6-2 e volvían apertar o luminoso (36-38). Os coruñeses, liderados por Guilling e Olmos íanse ao descanso tres arriba (39-42).

Entraba mellor en cancha tras o receso a escuadra herculina, que liderada con oito puntos de Olmos e unha canastra de Gilling púñase dez arriba (45-55). Reaccionaba o cadro vitoriano, comandado por Edwards, que se situaba por diante (61-58) e conseguía levar o cuarto (68-64).

O último período terminaba coa igualdade ata ese momento presente no encontro. Oito puntos seguidos de Zach Monaghan e unha asistencia súa a Olmos volvían abrir brecha (68-74), pero esta vez non chegaría a reacción local. Os coruñeses, co de Illinois en estado de graza, seguían aumentando a súa renda (78-89). A pesar duns últimos minutos de imprecisións por parte de ambos os conxuntos, a distancia era insalvable para os vitorianos, que claudicaban ante un opoñente directo (80-99)

O Leyma Coruña xogará de novo a domicilio este martes ás 20.45 horas ante o Feve Oviedo.

 

 








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro