Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 31/03/2017 11:17

O Leyma Coruña apoia o uso da arte na atención ao alumnado con necesidades educativas especiais

El Leyma Coruña apoya el uso del arte en la atención al alumnado con necesidades educativas especiales

O partido deste domingo ten unha dobre causa social. Ademais do apoio ao traballo de AECC na loita contra o cancro de colon, os laranxas tamén queren recoñecer un singular proxecto impulsado por familias de alumnos do Centro de Educación Especial Nosa Señora do Rosario, na Coruña.

No descanso do atopo fronte á Unión Financeira Baloncesto Oviedo darase visibilidade ao programa extraescolar de actividades lúdicas de iniciación á arte e ao movemento que se realiza no centro grazas ao apoio da Obra Social "la Caixa", que permite a contratación de profesionais especializados.

A iniciativa dá cabida a actividades non estritamente académicas, que proporcionan ao alumnado outras situacións de aprendizaxe moi positivas na súa formación e na mellora das capacidades cognitivas, motrices e de equilibrio persoal, así como no reforzo de valores e actitudes como a tolerancia, o respecto, a aceptación de si mesmos e a dos demais. Neste caso concreto, mediante o desenvolvemento artístico dos participantes, cunha finalidade comunicativa, expresiva e estética.

O apoio do primeiro equipo a este proxecto enmárcase no programa"17 partidos, 17 causas" que o Club Básquet Coruña desenvolve ao longo da tempada co patrocinio da Obra Social "la Caixa".








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro