Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 13/04/2015 10:04

O Leyma comeza a última semana da tempada

El Leyma comienza la última semana de la temporada

O equipo volverá hoxe aos adestramentos tras a derrota de Melilla para preparar o gran partido que se disputará mañá fronte ao Rio Natura Monbus Obradoiro, único equipo galego na ACB ata o momento.

O partido permitirá ver aos nosos contra un rival de superior categoría e que veñen de gañar no partido de onte ao Bilbao tras unha gran remontada.

O partido disputarase mañá martes a partir das 20.00 horas no Palacio dos Deportes e as entradas terán un prezo de 5 euros para o público en xeral, 2 euros para abonados e menores de 18 anos; mentres que os abonados menores de 18 anos e os socios entrarán gratis.

Ademais, este partido, servirá de preparación ao último partido do campionato que o noso equipo disputará o vindeiro venres aquí no Palacio dos Deportes fronte aos Queixos Cerrato Palencia. 

No apartado social, unha representación do primeiro equipo, visitará esta semana os Colexios de Cerceda e Cristo Rei. Mañá a partir das 12,10 da mañá, unha representación do primeiro equipo desprazarase a Cerceda a visitar aos estudantes desta localidade; mentres que o mércores, tamén  a esa mesma hora, estarán no Colexio Cristo Rei de Oleiros. Con estas dúas visitas péchase o programa “Colexios con Gancho” desta tempada. Un programa co que se pretende difundir o deporte do baloncesto por todos os colexios da cidade e a área metropolitana.

 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro