O Leyma cae en Valladolid suma a primeira derrota (77-68)

O equipo non podo traerse a vitoria de Valladolid a pesar de ir por diante no marcador durante gran parte do partido.
O partido comezou ben cos nosos, que mostraban unha gran fluidez en ataque e unha correcta defensa dos aspectos sinalados por Perico Diaz como básicos no xogo do rival. Así o equipo obtiña as primeiras vantaxes no marcador, unhas vantaxes que sempre mantivo ata o final do terceiro cuarto.
O equipo local mantíñase vivo nas partido grazas ao contraataque unha situación da que obtivo 12 dos 27 puntos que anotou no primeiro cuarto. Cunha vantaxe de 9 puntos para o Leyma chegouse ao descanso (27-36).
Tras o paso polos vestiarios, e tras unha primeira fase de intercambio de golpes por parte de ambos os equipos, o CB Valladolid foise facendo coa iniciativa no xogo, expuxo unha defensa en zona ante a que os nosos se atascaron e non lograban atopar situacións de tiro claras. Aos poucos, o equipo valisoletano íase achegando no marcador. Cunha vantaxe de 5 puntos para os nosos chegábase ao final do terceiro cuarto.
No último cuarto acentuouse a dinámica coa que terminara o cuarto anterior, pero esta vez, o Valladolid mostrábase infalible no tiro e cunha serie de 8 de 10 tiros de campo nos primeiros 5 minutos do cuarto rompeu o partido, mentres que nós seguiamos sen atopar fluidez no noso ataque.
Ao final non puido ser, e o equipo non puido traerse a vitoria, toca seguir traballando e comezar a preparar o próximo partido no Palacio dos Deportes fronte a Burgos, o vindeiro venres ás 21 horas.
CB VALLADOLID (77): Uriz (11), Montañez (15), Estaleiros (-), Lucas (5), Stobart (-) - cinco inicial - Pape (-), Arranz (-), Martínez (4), De la Fuente (16), Piñeiro (19), Rakocevic (7)
LEYMA BÁSQUET CORUÑA (68): Castro (6), Hernández (2), Homs (-), Petrovic (12), Dobos (12) - cinco inicial - Rowley (8), Burjanadze (12), Vujasinovic (-), Abia (3), Mutakabbir (13)