Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 12/01/2016 16:47

O Leyma Básquet Coruña rebaixa os prezos dos seus abonos á metade para converter Riazor nun fortín

El Leyma Básquet Coruña rebaja los precios de sus abonos a la mitad para convertir Riazor en un fortín

Recentemente superado o ecuador da liga LEB Ouro, o Club Leyma Básquet Coruña lanza unha especial campaña de abonados para gozar dos partidos da segunda volta con substanciosas rebaixas en todos os tipos abonos, que pasan a custar a metade de prezo.

Todo un aliciente para non perderse o bo baloncesto que o equipo herculino está a exhibir nos últimos meses, como o mostra o seu actual posto de playoff ?é o equipo galego mellor situado na táboa- e o seu catro últimas vitorias consecutivas en casa.

Así, o abono familiar, que inclúe dous adultos e os seus fillos menores de 18 anos, só custa 75 euros, mentres que o senior, para afeccionados de 25 a 65 anos, queda en 45 euros. A tarifa para maiores de 65 anos pasa a ser de 25 euros e o abono especial, para os menores de 25 anos e desempregados, 12,50 euros. Estes prezos son válidos para os partidos en casa durante o resto da presente tempada regular, sen incluír Día do Club e Play-Off.

Os deportistas do club e os seus familiares seguen recibindo un trato especial, coa entrada aos partidos gratuíta para todos os xogadores/as da base. No caso das súas familias, o primeiro carné de adulto ?pai ou nai- pasa de 40 a 15 euros e o segundo de 20 a 10 euros, mentres que os irmáns/as entran gratis.

Dentro do actual acordo co Real Club Deportivo da Coruña, os abonados desta entidade gozarán dun 50% de desconto sobre os novos prezos, do mesmo xeito que no caso dos ex xogadores/as de calquera categoría do Club Leyma Básquet Coruña.

Riazor, fortín e catapulta cara ao playoff

Con esta nova campaña de abonados o Club Leyma Básquet Coruña lanza unha chiscadela á afección, á que pide o seu apoio para estender o sentimento laranxa na Coruña e localidades limítrofes, co desexo de converter Riazor nun fortín que arroupe ao primeiro equipo e o catapulte para xogar os partidos de playoff ao final da presente tempada regular.

Derbi contra o COB

E que mellor momento para sumarse ao sentimento laranxa que o derbi deste venres en Riazor ás 21:00 horas, onde o Leyma Basquet Coruña darao todo contra o Club Ourense Baloncesto, co obxectivo de manterse en postos de playoff. Partido de emoción e intensidade garantidas, co regreso do gran xogador ex laranxa Kyle Rowley nas filas do COB.

Un derbi que terá prezos especiais nas entradas que adquiran os socios e abonados do Club Leyma Basquet Coruña, que só pagarán 5 euros por adulto e 2 euros para as entradas infantís (de 3 a 17 anos incluídos). Os abonados do Depor también terán rebaixas do 50% nas entradas, é dicir, pagarán 6 euros por adulto e 3 por neno/a.

Ademais, grazas a un acordo coa Delegación Coruñesa da Federación Galega de Baloncesto, o Club Leyma Básquet Coruña convida a todos os xogadores/as das categorías basee dos clubs da área metropolitana da Coruña a presenciar este primeiro derbi galego da segunda volta da liga.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city