Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 03/01/2016 23:29

O Leyma Básquet Coruña deuno todo pero non puido cun Palencia superior

El Leyma Básquet Coruña lo dio todo pero no pudo con un Palencia superior

Tras catro vitorias consecutivas, o Leyma Básquet Coruña non puido esta noite co mellor equipo da LEB Ouro, os Queixos Cerrato Palencia. A afección concentrada no pavillón Marta Domínguez gozou dun vistoso partido cheo de ritmo, posesións e xogo nas dúas canastras, tal e como sinalou o técnico laranxa ao final do encontro, quen tamén recoñeceu que cada erro do conxunto coruñés atopou sempre a resposta efectiva dun rival con moito oficio e gran equilibrio entre no seu xogo interior e exterior.

A favor dos seus, Tito Díaz lembrou que os laranxas chegaban a Palencia coa desvantaxe de ter menos entrenos e máis viaxes nestes días do Nadal que o seu rival, cuxos dous últimos partidos xogou en casa. Aínda así, e a pesar de que o conxunto palentino foi practicamente todo o partido por diante no marcador, destacou que o Leyma Básquet Coruña non tirou a toalla en ningún momento, tampouco cando os locais aumentaban a vantaxe por encima da barreira psicolóxica dos 10 puntos. Pola contra, loitaron ata o último momento por remontar e acurtar distancias, tal e como quedou reflectido no resultado final (91-86). "Calquera outro equipo baixase os brazos no campo do líder e nós seguimos pelexando e crendo", salientou o técnico, quen se mostrou satisfeito do esforzo dos seus a pesar de ter que viaxar de regreso cunha derrota que rompe o merecido refacho de vitorias.

Agora toca repor forzas tras unha intensa semana e rectificar os erros cometidos para facer fronte a outra cita igualmente esixente, co Club Melilla Baloncesto, o segundo na clasificación, como próximo rival en Riazor este venres 8 de xaneiro ás 21:00 horas.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-post-j16.mp3









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro