Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 05/12/2015 23:56

O Leyma Básquet Coruña cedeu ante o equipo ovetense nunha prórroga que foi un "cara ou cruz"

El Leyma Básquet Coruña cedió ante el equipo ovetense en una prórroga que fue un “cara o cruz”

Un triplo a taboleiro e unha prórroga a cara ou cruz. Así describiu Tito Díaz a vitoria da Unión Financeira Oviedo esta tarde no pavillón de Pumarín. O Leyma Básquet Coruña arrincou mal e permitiu un primeiro parcial de 32-14 pero a partir de aí o panorama cambiou radicalmente, os nosos apertaron a defensa, colleron ritmo e metéronse no partido, acurtando progresivamente a inicial vantaxe local ata darlle a volta ao marcador con cinco puntos arriba nos primeiros minutos do último cuarto.

A partir de aí sucedéronse os cambios de vantaxe, ata que un triplo a taboleiro do alero do equipo ovetense Jordan Swing a 15 segundos do final foi clave para finalizar con empate e forzar a prórroga, que acabou con resultado 98-95 no marcador. Un tempo extra que foi tan igualado como practicamente o resto do partido, algo corroborado polas valoracións de ambos os equipos, con 105 puntos cada un. Jordan Swing foi o xogador estrela do choque, con 42 puntos anotados e 48 de valoración.

Na rolda de prensa posterior, Tito Díaz mostrouse abertamente orgulloso do "esforzo enorme" realizado polos seus, xa que non era fácil remontar 18 puntos tal e como estaban a xogar os locais. E, o que é importante, o Leyma Básquet Coruña non perdeu a enteireza en ningún momento.

Tras lembrar que os seus están a pelexar sempre ata o final, avisou que "non imos deixar de pelexar así, xa perdamos todos os partidos, porque este equipo ten carácter, ten orgullo e ten baloncesto". Un escenario que non considera nin moito menos probable porque a constancia e a fe no xogo propio traerán novas vitorias.

"Ninguén nos gañou fácil", lembrou Tito Díaz, quen non ocultou o seu convencemento de que os seus mereceron gañar e que esta noite soñará co triplo a taboleiro do estadounidense Swing.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-j11-leb-oro-post.m4a








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro