O Leyma Basquet Coruña busca facerse fortes en Riazor cunha segunda vitoria en casa

O Leyma Básquet Coruña quere dar continuidad ao seu bo xogo do pasado fin de semana en Barcelona, onde venceu ao Prat Joventut por 19 puntos de diferenza. Na rolda de prensa previa ao partido de mañá contra as Cociñas.com -Riazor, 18:30 horas-, o noso adestrador Tito Díaz subliñou que os laranxas deben reeditar "un partido completo defensiva e ofensivamente durante os 40 minutos", do mesmo xeito que fixeron en terras catalás. Alí, "logramos atravesar a barreira dos dous ou tres últimos minutos", aqueles que, en anteriores encontros, truncaran vitorias que parecían na man durante boa parte do choque.

O conxunto coruñés encara este encontro con ganas e ilusión, dispostos a empezar a sumar vitorias e a facerse fortes en casa para saír da parte baixa da clasificación, pero Tito Díaz advirte da fortaleza do equipo rioxano que nos visita mañá, "un dos que mellor está a xogar fóra de casa e un dos mellores da liga" aínda que os seus resultados competitivos ata agora non lles acompañaron do todo e só atópense dous postos por encima do Leyma Básquet Coruña. Nos partidos xogados como visitantes, a media de puntos anotados polas Cociñas.com é de 89.

Tras indicar que, na súa opinión, contan con algúns dos mellores xogadores exteriores da competición, Tito Díaz destacou que o Cociñas.com "é o primeiro en anotación, en rebotes en ataque e en asistencias da liga", engadindo que, do mesmo xeito que os laranxas, perderon partidos ao final por mínimas diferenzas. O equipo do CB Clavijo virá da man do seu adestrador ferrolán e ex da nosa casa, Antonio Pérez, "que nos coñece moi ben", advertiu o técnico laranxa.

Por tanto, para Tito Díaz será fundamental facer "un partido de moita concentración defensiva e esforzo", de principio a fin, con permanente vixilancia aos movementos dos tiradores visitantes, así como aplicar a máxima atención ao rebote, sen porlles fácil as recuperacións e segundas oportunidades.