Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 08/11/2015 01:50

O Leyma Básquet Coruña acusa a súa mocidade e cede ante o San Pablo Inmobiliaria Burgos

El Leyma Básquet Coruña acusa su juventud y cede ante el San Pablo Inmobiliaria Burgos

Unha vez máis, noso equipo LEB Ouro queda ás portas da vitoria. Nesta ocasión, o factor cancha non logrou inspirar o acerto dos laranxas nos últimos compases do partido, despois dun encontro no que ambos os equipos realizaron un bo traballo defensivo e foron turnando o liderado no marcador, pasando polo empate como valor recorrente.

En opinión do adestrador Tito Díaz, o Leyma Básquet Coruña volveu acusar a súa mocidade e a ausencia do capitán Jesús Castro, que finalmente non chegou a xogar ningún minuto debido á súa recente lesión de xeonllo. Pola contra, a experiencia da plantilla burgalesa notouse na mellor xestión dos balóns decisivos do final do partido, anotando duas importantes triplas no último cuarto e xogando mellor as posesións. Mentres tanto, a falta de acerto en tiros similares e varias perdas de balón foron un agasallo que o visitante non desaproveitou para pór distancias e finalizar cun 66-73.

A pesar de recoñecer os erros dos seus, Tito Díaz foi rotundo no apoio aos laranxas: "cando un equipo dáo todo na pista pouco máis se lles pode dicir", indicou, engadindo que o equipo debe seguir xogando "exactamente igual, tratando de aprender destes erros". Tras subliñar que nesta tempada nunca viu a un Leyma Básquet Coruña afundido, senón que pola contra sempre loita ata o final, está seguro de que se segue por este camiño o conxunto seguirá crecendo xornada a xornada e, "no próximo final igualado, a ver se o balón cae para nós", finalizou.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz.m4a

audio-andreu-casadevall.m4a









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro