Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Equipos base | 06/06/2018 19:12

O Junior masculino logra o ascenso a Liga Galega

El Junior masculino logra el ascenso a Liga Gallega

O junior masculino dirixido por Alberto Vázquez e Fran Lijo venceu 77-72 a Campus Ourense Edo Branco Amor e logrou o ascenso a Liga Galega.

O encontro comezaba cunha gran igualdade por parte de ambas as escuadras, sobre todo no primeiro período, con pequenas vantaxes sempre para os laranxas, que se ían ao descanso por diante (40-34).

Tras o paso por vestiarios, os coruñeses asinaban o seu mellor cuarto, grazas a unha defensa zonal que se lle atragoaba aos ourensáns, e un ataque máis fluído que facía aumentar a renda ata os 14 puntos, co que os laranxas enfilaban o acto definitivo.

A catro minutos para o final, unha desconexión do equipo, sumada ao acerto exterior dos ourensáns, provocaba a remontada. Campus púñase dous arriba a falta de 35 segundos. Unha canastra tras un saque de banda empataba o partido, ao que seguía unha recuperación de balón culminada nun 2+1 que devolvía a dianteira ao noso junior, certificada con por dous tiros libres máis anotados (77-72).

Un resultado que permitía aos nosos xogadores coroarse campións da Segunda División e conseguir así o ascenso a Primeira para a próxima tempada. Un gran premio tras un ano de duro traballo, no que tras a decepción de non conseguir a clasificación na fase previa, seguiuse perseverando ata chegar á fase final, na que se cumpriu o obxectivo e logrouse a única praza en 1ª división masculina que faltaba por ter no club.

Desexamos que sexa a antesala duns anos nos que se recollan os froitos do traballo realizado. Parabén de parte do club aos xogadores Anxo, Álex, Carlos, Iñaki, Mauro, Rubén, Pablo, Ruy e Samu, así como ao corpo técnico composto por Alberto Vázquez e Fran Lijo. Sen esquecernos da gran aportacion dos cadetes Jorge, Busto e Valín.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro