O Junior masc. loitará por unha praza para o Campionato de España

"O equipo junior finaliza a liga como terceiro de Galicia e tentará conseguir praza para Campionato de España este sábado na final a 4"

O equipo junior do club finalizou a competición ligueira nun meritorio terceiro posto, cun balance de 16 vitorias por tan só 6 derrotas. É a mellor clasificación a nivel galego de está xeración do 97 que foran quintos en categoría infantil e cuartos en categoría cadete, o que reafirma o traballo que vén facendo con estes mozos desde o club. Ademais o merito é maior se temos en conta que os adestradores non puideron xogar en ningún partido do ano co persoal ao completo, xa que tres xogadores sufriron lesións de gravidade que lles impediron disputar máis da metade da competición.

O equipo junior afronta con ilusión a final a catro deste fin de semana, que disputan do segundo ao quinto xa que o primeiro xa accede directo ao campionato, onde deberán quedar campións se queren alcanzar o éxito do ano pasado e volver clasificarse para un campionato de españa, de producirse suporía a tecera participación en categoría junior nos últimos 5 anos. No caso de que non se poidan alzar coa vitoria, sería unha boa tempada do noso equipo junior e por iso felicitámoslles por iso.

Sábado 25 Abril. Pavillón Elviña. A Coruña.

10:30 Santyago - Santo Domingo.

12:30 Básquet Coruña - Fedesa Rosalía.

17:00 Terceiro e Cuarto Posto.

19:00 Final 

Animo Laranxas.