Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 09/05/2016 17:53

O Infantil masculino seguirá en 1ª División

El Infantil masculino seguirá en 1ª División

O Infantil Masculino de 1ª División certificou a permanencia tras finalizar este fin de semana a competición, terminando en sétima posición.

Tras unhas primeiras xornadas de luces e sombras, onde se xeraban moitas dúbidas en canto ao nivel do equipo dentro da liga, chegou o mes de xaneiro, que ensinou a peor cara do conxunto dirixido por Héctor Méndez e Martín Puñal. O infantil finalizaba a primeira volta soamente con 4catro vitorias en 11 partidos disputados. 

Pero moitas veces dos malos momentos apréndese moito máis que dos bos, e isto serviu ao equipo para mellorar, sobre todo no traballo diario. Estes avances reflectíanse no fin de semana, onde se saía a competir cada partido coma se fose o último e grazas a iso puidéronse vivir grandes vitorias como contra Artai, Peleteiro, Porriño e Sigaltec, rivais directos por unha permanencia que se vendeu cara ata a última xornada.

Sen dúbida destacar a unión do equipo e a competitividade mostrada no tramo final gañando catro do seu últimos seis partidos, con todos os xogadores sumando e finalizando a tempada cun balance de 10-12 na sétima posición.

Non quixésemos terminar sen lembrar que o máis importante que conseguiu este grupo de xogadores foi darse conta de que a clave estaba no día a día, nos adestramentos, en dar cada un o seu 10 de concentración e esforzo en cada acción, e en vivir con paixón o que máis lles gusta, que é xogar ao baloncesto. Este bonito final, nunca foi un obxectivo, soamente unha consecuencia. PARABÉNS!








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro