Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 10/11/2014 18:06

O equipo EBA roza a proeza en Salamanca (81-76)

El equipo EBA roza la proeza en Salamanca (81-76)

Cun persoal mermado polas baixas e os últimos resultados, pero con toda a vontade na cancha afrontou o equipo de liga EBA  a súa 4ª xornada de liga na pista do "Aquimisa Laboratorios C.B. Tormes" de Salamanca. Sabedores do enorme potencial do equipo local, especialmente da contundencia do seu interiores pero tamén da inestimable achega da súa figura emerxente, Austin Simon no xogo de perímetro, o equipo plantouse na pista coa concentración precisa para competir desde o minuto 1.

O primeiro cuarto foi un intercambio moi intenso de vantaxes minúsculas, no que se chegou a gozar dunha máxima de 4 puntos de diferenza (18-19).

No segundo cuarto as cousas cambiaron (26-12), cun parcial de 15-0 dos locais que o Basquet Coruña devolveu cun 11-0 pero con altibaixos, chegando ao descanso cunha desvantaxe de 15 puntos.

Na segunda metade recuperouse un pouco o ton, pero moi pronto nos vimos sorprendidos polo xogo por encima do aro dun Jhonson e un Diadia que facían temer o peor, con transicións rápidas e contraataques espectaculares. Novamente o equipo púxose o mono de traballo e cun xogo serio e moi disciplinado logrou enxugar punto a punto unha desvantaxe de 17 puntos, para acabar o cuarto cunha desvantaxe de 10 puntos, e gañando o parcial (20-25).

O último cuarto foi un auténtico asalto á vantaxe rival, cuns últimos 2 minutos apaixonantes nos que ambos os equipos dispuxeron dunha longa serie de tiros libres que finalizou coa vitoria do local por 5 puntos e a sensación exacta de que xa estamos de volta na competición. Descomunais Adrián Rodríguez (24 puntos) e Gerardo Dorda (18 puntos), pero por encima de todo, o equipo.

Espéranos o BVM 2012 o vindeiro sábado ás 19:30 no Polideportivo de Oñón (Mieres, Asturias).








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro