Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 10/04/2017 14:05

O Club homenaxea aos xogadores do 98 formados en todas as categorías basee cun padriño de excepción, Manu Pereira

El Club homenajea a los jugadores del 98 formados en todas las categorías base con un padrino de excepción, Manu Pereira

Este mércores día 12 en Riazor viviremos un momento especial durante o descanso do partido do noso primeiro equipo fronte ao TAU Castelló, fixado para as 21:00 horas. O Club renderá homenaxe aos xogadores que terminaron a pasada tempada o seu periplo polas categorías basee e chegaron este ano á idade senior, todos eles novos deportistas que permaneceron no club desde minibasket. E para iso contará cun padriño de excepción, Manu Pereira, un dos xogadores históricos do Básquet Coruña, con varias etapas como xogador do primeiro equipo cando se chamaba Sondaxes do Norte, e con continuidade na época dos ascensos de Liga EBA a Leb Bronce e de Leb Bronce a Leb Prata. 

Manu é outro gran exemplo para os xogadores dos equipos basee, xa que foi capaz de compaxinar a súa carreira como xogador profesional cos estudos académicos que lle levaron a ser enxeñeiro de Telecomunicacións. Renderemos homenaxe así a un dos xogadores que viviu grandes momentos do club e dos máis queridos pola afección.

Con este acto de "gradación", posto en marcha desde o Club a pasada tempada, queremos lembrar que as nosas categorías basee son un alicerce esencial do club, garantía de futuro e fundamento para seguir acrecentando a afección ao baloncesto na nosa cidade. E agradecer moi especialmente a súa contribución directa ao proxecto do Club e ao fortalecemento dos nosos ideais deportivos mediante o xogo limpo, a solidariedade, o entusiasmo e o permanente afán de superación exhibidos en tantas pistas dentro e fóra de Galicia.

Os graduados da xeración do 98 tras o seu paso por todas as categorías de formación son Daniel Paniagua, Javier Rei, Jorge Castiñeira, Manuel Loira, Mateo Caamaño, Pablo Sánchez, Pedro Béjar, Daniel Mariño e Rubén Ríos. No descanso do partido, terémolos na pista para recibir o recoñecemento de toda a familia laranxa e o aplauso da bancada, arroupados por Manu Pereira.









federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiawibociudad cristalhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial