Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Actividades | 16/02/2016 21:04

O Club Básquet Coruña facilita aos seus deportistas e familiares o acceso á Fan Zone da Copa do Rei

El Club Básquet Coruña facilita a sus deportistas y familiares el acceso a la Fan Zone de la Copa del Rey

Esta semana o mundo do baloncesto centra as súas miradas na Copa do Rei que se celebra na nosa cidade. Un dos eventos paralelos ao desenvolvemento deste torneo é a "Fan Zone", que se situará en Expocoruña e será de acceso gratuíto. Desde mañá mércores 17 terán lugar numerosas actividades e situaranse múltiples casetas, entre os que se atopa a Casa do Baloncesto Galego, na que o noso Club estará presente.

Todas aquelas persoas vinculadas ao Club Básquet Coruña que non teñan entrada para a Copa do Rei poderán ver todos os partidos a través dunha pantalla de 52 metros cadrados instalada no recinto. Aínda que o acceso á Fan Zone é gratuíto é necesario portar unha pulseira para acceder á bancada, unha instalación patrocinada por Caixabank, desde a que se poderán ver comodamente as emisións dos partidos.

Estas pulseiras están a disposición da familia do Básquet Coruña nas oficinas do Club. Pódese pasar a retiralas ata o vindeiro mércores en horario de oficina, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30.

Na "Fan Zone" celebrarase tamén a Minicopa con oito equipos infantís da liga Endesa, que se disputará o venres, o sábado e domingo. Este último día terá lugar a final, ás 12:15 horas no propio Coliseum.

 








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro