Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Delteco GBC · 26/01/2020 19:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Senior Fem. 2ªDiv: Celtas CCA Foz - Basquet Coruña Leyma S · 26/01/2020 17:00 Polideportivo Martínez Otero || Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña S - Fundación Culleredo · 25/01/2020 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - Lignia Irmandiños · 26/01/2020 17:00 Polideportivo Riazor 1 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña J · 26/01/2020 19:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Compañía de Maria · 25/01/2020 20:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña U17 · 25/01/2020 16:00 Pabellón Municipal Sofía Toro - Cambre || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - Liceo la Paz · 25/01/2020 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Montrove · 26/01/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: KFC Costa Artabra - Básquet Coruña C · 26/01/2020 19:00 Polideportivo Javier Gómez Noya || Cadete Fem. 2ªDiv: KFC Culleredo - Básquet Coruña Leyma U15 · 25/01/2020 18:00 Pabellón O Burgo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U15 - Montrove Blanco · 25/01/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 - CB Laracha · 26/01/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 - CB Arteixo Duacode · 26/01/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro CAB - Básquet Coruña I · 26/01/2020 12:00 Polideportivo Lorenzo de la Torre || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - KFC Costa Artabra · 25/01/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: BC Montespiño Infantil - Básquet Coruña Leyma I · 26/01/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 2ªDiv: Santo Domingo Betanzos - Básquet Coruña Leyma U14 · 25/01/2020 12:00 Pabellón Municipal Betanzos || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: BV Asesores Los Rosales - Básquet Coruña Leyma U13 · 25/01/2020 18:00 Polideportivo Los Rosales || Infantil Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode 2 - Básquet Coruña U14 · 26/01/2020 17:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: KFC Culleredo - Básquet Coruña Leyma U12 · 26/01/2020 10:00 Pabellón O Burgo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U12 · 26/01/2020 12:00 Canide-Mera || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Eirís U11 - Básquet Coruña U12/11 · 25/01/2020 12:30 Pazo dos Deportes de Arteixo P-2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Dominicos U12 - Básquet Coruña U13/14 · 25/01/2020 10:00 Colegio Dominicos || Minibasquet Masc. 2ªDiv: BC Cristo Rey Alevín - Golfiños · 25/01/2020 16:00 Polideportivo Agra II P-1 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Jesuitinas B - BC Montespiño Alevín · 25/01/2020 09:30 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Mixto 2ºDiv: BC Eusebio da Guarda Alevín - Jesuitinas A · 26/01/2020 16:00 Polideportivo Sagrada Familia P-1 || Infantil Fem. 2ªDiv: BC Montespiño Infantil - Basquet Coruña Leyma I · 26/01/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U10/9 - Básquet Coruña Leyma U10 · 26/01/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: KFC Culleredo Azul - Básquet Coruña U10 · 26/01/2020 12:30 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Basquet Coruña U9 - CB Artai A · 25/01/2020 11:00 Pazo dos Deportes de Arteixo P-2 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Compañía de María - Básquet Coruña Leyma U11 · 26/01/2020 16:30 Colegio Compañía de Maria P-2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Inf U14/13 - Liceo la Paz · 25/01/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U10/9 - Basquet Coruña Leyma U10 · 26/01/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-1

Equipos base | 07/06/2016 12:28

O BC Leyma 00 vence a Santo Domingo e xogará a Final A4 de Copa

El BC Leyma 00 vence a Santo Domingo y jugará la Final A4 de Copa

O pasado sábado, o noso equipo cadete feminino Básquet Coruña Leyma 00 logrou o pase á fase final de Copa Primavera, tras imporse por 75-48 ao Santo Domingo de Betanzos, remontando os once puntos de desvantaxe cos que chegaba a esta cita. 

Básquet Coruña Leyma '00: Sara, Laura C. Laura V. Ariadna, Miriam - 5 inicial - Inés F. Inés H., Lucía e Marta.

Santo Domingo: López, Yáñez, Sas, Díaz, González - 5 inicial - Otero, Cagiao, Latas, Río e Carreira. 

Parciais: 22-19, 42-23 (descanso), 59-34, 75-48 (final). 

Árbitros: Merelas e Díaz. Eliminaron por acumulación de faltas a López, Cagiao, Díaz e González (Santo Domingo). 

Asistencia: Medio centenar de espectadores. 

Incidencias: Para este partido, Diego Fernández contaba coas baixas de Natalia, Alba e Paula, entrando na convocatoria ata tres xogadoras do conxunto infantil, Lucía, Inés e Marta. Por outra banda, Laura Criado apenas podía participar uns minutos, por problemas físicos. 

Entraban mellor no encontro as visitantes, controlando o rebote e con acerto no lanzamento a media e longa distancia, chegando a alcanzar unha máxima renda de cinco puntos. Dous triplos consecutivos das betanceiras situáballes mediado o primeiro cuarto por diante no marcador (8-12 min 5). 

A partir de aquí, chegaba a reacción das nosas, que conseguían achegarse no electrónico grazas á súa melloría defensiva no perímetro, e ao seu acerto dende o tiro libre, ante as numerosas faltas que se vían nestes minutos, e ao longo de todo o partido. 

Destacaba a boa aportación das xogadoras que saían desde o banco, para acabar o cuarto cunha vantaxe de tres puntos, tras canastra de Laura Vázquez, máxima anotadora do equipo nestes minutos (22-19 min 10). 

No segundo cuarto, as coruñesas rompían o partido. Continuaban as rotacións no conxunto laranxa, pero en ningún caso baixaba a intensidade no xogo, destacando o traballo de todo o colectivo neste encontro. 

Básquet Coruña, dende unha sólida defensa, encaixando só dúas canastras neste período, comezaba a abrir unha considerable brecha no marcador, con sete puntos consecutivos de Inés Ferreiro e Lucía. Os numerosos roubos de balón na presión exposta, máis o acerto en finalizacións e o dominio do rebote ofensivo, permitían ás nosas imporse con claridade neste parcial. 

Unha canastra de Ariadna, máxima anotadora neste cuarto, a escasos segundos do final, deixaba a diferenza en dezanove puntos ao descanso (42-23 min 20). 

Tras o paso por vestiarios, e xa sen Laura Criado por problemas físicos, chegaban un par de minutos irregulares para as locais, contrastando un triplo convertido por Sara ante a defensa zonal das visitantes, cun par de perdas de balón que acababan en canastras en contra. 

Con todo, pasado este inicio, o equipo recuperaba a seriedade en defensa e a boa circulación en ataque, aumentando aos poucos a súa vantaxe co paso dos minutos. Aportación coral de todas as xogadoras neste cuarto, ao anotar ata sete xogadoras diferentes, destacando un novo triplo convertido, nesta ocasión por parte de Marta (59-34 min 30). 

No último acto mantíñase o guión visto no parcial anterior. Nosas cadetes chegaban ao trinta de diferenza tras canastra de Inés Fernández, sen perder o acerto desde o perímetro, ao sumar outros dous triplos de Laura. 

As betanceiras reducían diferenzas no tramo final, con sete puntos case consecutivos de Sas, pechando o marcador Miriam cunha última canastra, para acabar con vitoria e clasificación para o conxunto laranxa (75-48 min 40). 

Fase final en Riazor 2 

Este domingo, disputarase a fase final de Copa en Riazor 2, na que exercerá de anfitrión Básquet Coruña. O cadro de partidos será o seguinte: 

10:00 horas Artai CB - Básquet Coruña Leyma '00 (1ª semifinal)

12:00 horas Calasancias - Star Center Ferrol (2ª semifinal)
18:00 horas Gañador 1ª - Gañador 2ª (final)










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city