Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Actividades | 15/11/2017 11:37

O Básquet Coruña e o Tsunami Laranxa coa Gran Recollida de Alimentos

El Básquet Coruña y el Tsunami Naranja con la Gran Recogida de Alimentos

O Club Básquet Coruña convida a todas as familias, socios e afeccionados a colaborar nunha nova iniciativa, que promove o Tsunami Laranxa, e na que quere que participe toda a familia laranxa.

É a "GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS 2017", que todos os anos por estas datas promoven os 55 Bancos de Alimentos de España, agrupados na Asociación sen ánimo de lucro FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos http://www.bancodealimentos.es e que este ano, polo menos en Marineda City, queremos tinguir de Laranxa baixo a lema #RecogidaNaranja.

Terá lugar o venres e sábado, días 1 e 2 de decembro simultaneamente en toda España. A idea é simple, necesaria e efectiva: sensibilizar aos clientes que acudan aos supermercados para que doen alimentos e efectuar a recollida de forma ordenada. Convidámosvos a participar na campaña de forma activa colaborando como voluntarios nos supermercados que o Banco de Alimentos Rías Altas asignounos, que son o Hipercor e o Mercadona de Marineda.

Desde o club gustaríanos contar convosco para poder completar as quendas, que terán unha duración de 2,5 horas, menos ao mediodía que son 2 horas, e que se repartirán no seguinte horario, tanto o venres como o sábado:

Quenda 1 - venres 10:00-12:30

Quenda 2 - venres 12:30-15:00

Quenda 3 - venres 15:00-17:00

Quenda 4 - venres 17:00-19:30

Quenda 5 - venres 19:30-22:00

Quenda 6 - sábado 10:00-12:30

Quenda 7 - sábado 12:30-15:00

Quenda 8 - sábado 15:00-17:00

Quenda 9 - sábado 17:00-19:30

Quenda 10 - sábado 19:30-22:00

Todos aqueles que esteades interesados en participar podedes porvos en contacto co Tsumani Laranxa no correo tsunaminaranja@gmail.com ou por WhatsApp no móbil 627 586 023, ou directamente co club no correo club@basquetcoruna.com ata o venres 24 de novembro, especificando o horario que mellor se axusta ás vosas circunstancias e indicando nome, idade e teléfono de contacto.

Grazas a todos pola vosa implicación, facendo noso a lema da campaña: "AXUDARNOS FAICHE GRANDE".









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro