Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Actividades | 02/10/2018 13:26

O Básquet Coruña organiza un ano máis o seu "5K Leyma Abónache" o 12 de outubro

El Básquet Coruña organiza un año más su

O club Básquet Coruña por segundo ano consecutivo organiza xunto a Championchipnorte a carreira '5K Abónache' este próximo 12 de outubro. Un evento deportivo que patrocina Leyma Natura e no que colabora o Concello da Coruña, ademais de contar como provedor oficial a Nutrisport.

Unha carreira de 5 quilómetros en categoría absoluta na que os 1.000 primeiros que recollan o seu dorsal recibirán unha entrada con acompañante para o encontro como local do Leyma Coruña o 14 de outubro, que nos enfronta ao Iberojet Palma. Ademais todos os inscritos na carreira poderán abonarse ao Leyma Coruña cunha tarifa promocional da que o club informará proximamente.

A recollida de dorsais terá lugar o o xoves 11 de 16:00 a 20:00 horas no Palacio dos Deportes de Riazor e o día de carreira desde as 8:30 ata 45 minutos antes de saída tamén na mesma localización.

As inscricións, que xa están dispoñibles, poderán realizarse ata o martes día 9 de outubro formalizándose a través da web de Championchipnorte. Estas terán un prezo xeral de 6 euros (+ 2 euros para o non propietarios de chip amarelo) e 4 euros para os socios, abonados e xogadores do Leyma Coruña (ao que haberá que sumar tamén 2 euros en concepto de aluguer de chip para aqueles que non o teñan).

A carreira sairá o venres 12 de outubro ás 11.00 horas do Monumento Breogán (Torre de Hércules) e a meta estará na chaira do Palacio dos Deportes de Riazor, sede dos partidos como local do noso Leyma Coruña.

Haberá un servizo de duchas para todos os participantes no Palacio de Deportes de Riazor o venres 12 de 11:00 a 14:00.

Desde o club Básquet Coruña animámosvos a participar neste evento lúdico-festivo e a contaxiarvos do #SentimientoNaranja.









non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro