Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 17/02/2016 13:53

O Básquet Coruña, nas xornadas de armonización de minibasket da FGB

El Básquet Coruña, en las jornadas de armonización de minibasket de la FGB

Continúan os CETI de Tecnificación da Federación Galega de Baloncesto e o noso Club estará presente unha vez máis. Nesta ocasión trátase da IV Xornada de Armonización do Minibasket Galego, que baixo a lema ?Ti educame mentres eu xogo? terá lugar este domingo 21 de febreiro nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, situado en Santiago de Compostela, e que está destinada aos pequenos xogadores e xogadoras nacidos de 2005 a 2007.

Por parte do Club Básquet Coruña foron chamados a adestrar Branca Fernández Morazás e Andrea López Pedreira, nacidas en 2005 e Carolina Gómez Igrexas e Eugenia Sánchez Castelo, de 2006. En canto aos nenos, os convocados son Mauro Gonta Gómez e Anxo Casades Romeu, de 2005, así como Aarón Souto Sande e Roi Comesaña Seoane, de 2006 e, finalmente, Antón Lorenzo Portela e Gonzalo Vázquez Rodríguez, de 2007.

O noso dez novos deportistas compartirán adestramentos e actividades lúdico-deportivas con compañeiros do catro provincias galegas, dirixidos todos eles por adestradores designados pola área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto. Cada grupo de idade, tanto masculino como feminino, estará composto por un tope de trinta xogadores, seleccionados nos CETI zonais.

Ademais de charlas dirixidas aos pais e nais dos participantes, a organización convida a todo o que o desexe a presenciar os adestramentos das seleccións galegas de categoría mini, que terán lugar ás 11:30 e 16:00 horas.

 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro