Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - AFARION CB ALMASA · 13/10/2019 19:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Senior Fem. 2ªDiv: ADB Fontiñas - Basquet Coruña Leyma S · 12/10/2019 18:00 Fontiñas, Santiago de Compostela || Senior Masc. 3ªDiv: C.B. Moneyball - Básquet Coruña S · 13/10/2019 19:00 Riazor 1 || Senior Masc. 3ªDiv: XERION - Idefic Imatia Básquet Coruña · 10/10/2019 22:15 Riazor 1 || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - ORTODIX BASKET XIRIA ARTAI · 13/10/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Instituto Rosalía · 13/10/2019 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U17 - Baloncesto Narón · 13/10/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Estudiantes Lugo Leyma Natura · 13/10/2019 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: Baloncesto Narón - Básquet Coruña I · 13/10/2019 19:00 Pavillón Municipal da Gandara

Primer equipo | 29/12/2018 01:04

O Básquet Coruña pecha o ano coa quinta vitoria consecutiva ante o Força Lleida (73-61)

El Básquet Coruña cierra el año con la quinta victoria consecutiva ante el Força Lleida (73-61)

O Leyma Coruña logrou o seu quinto triunfo seguido ante o Força Lleida (73-61), nun partido no que volveu xogar Carlos Martínez, tras superar a súa lesión.

Os herculinos tiveron un arranque frío no último partido do ano, un parcial de 0-9 a favor do equipo visitante fixo que Aranzana tivese que parar o encontro. Tras un mal inicio, con perda de rebotes e sensación de xogo lento, chegaron dúas accións consecutivas de Ty Sabin, dous triplos rápidos en contraataque, que volveron meter aos laranxas no partido.

Desde este momento, o partido foi in cacrescendo para chegar a un último cuarto onde rompeu o marcador, cunha vantaxe final de 12 arriba.

Se na primeira parte o xogo non brillou, a pesar de que houbo unha boa defensa, foi debido ao problema que tivo o conxunto laranxa co pase, os tiros precipitados e as perdas. A pesar disto, ao descanso chegaron os herculinos cun arriba (31-30), obra de Zach Monaghan.

Con todo, a dinámica na segunda parte cambiou. A pesar de non poder romper o marcador ata o final do terceiro cuarto, as sensacións mudaron. Ata que chegou o último cuarto do partido, onde se melloraron as porcentaxes con respecto aos triplos e reducíronse as perdas.

Unha boa actuación grupal fixo que o partido se decantase polos herculinos (73-61), quen xa suman a súa quinta vitoria consecutiva. O Leyma Coruña comezará a súa andaina en 2019 o día de Reyes, día 6 de xaneiro, ás 12.15 horas ante o Levitec Huesca.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro