Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña Senior - Xerion · 28/05/2017 19:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma - Peleteiro B · 28/05/2017 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña - Culleredo · 28/05/2017 17:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña 02 · 27/05/2017 20:00 Polideportivo Brens || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 02B - CD Los Rosales · 28/05/2017 12:00 Ventorrillo || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña 03B - Baloncesto Cambre 03 · 27/05/2017 12:30 Elviña II || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña 04B - Culleredo Almeiras · 27/05/2017 11:00 Elviña II || Infantil Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña Monte das Moas - Obradoiro · 27/05/2017 19:00 Elviña II || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Jesuitinas - Básquet Coruña Leyma 06 · 28/05/2017 12:30 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Latorre - Básquet Coruña 06 · 27/05/2017 09:30 Agra II || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 05 - Calasanz · 25/05/2017 09:30 Agra II || Preminibasquet Fem.: Sigaltec - Básquet Coruña Leyma 07 · 27/05/2017 17:30 Estrada || Preminibasquet Masc.: CAB 2007 Mas - Básquet Coruña 07 · 27/05/2017 13:30 Estrada || Preminibasquet Masc.: CB Arteixo - Básquet Coruña 08 · 27/05/2017 11:00 Agra II || Preminibasquet Masc.: Básquet Coruña Eusebio da Guarda 07 - Montrove · 27/05/2017 11:00 Agra II

Actividades | 11/04/2017 11:11

O acollemento familiar, causa social do partido do Leyma Coruña fronte ao TAU Castelló

El acogimiento familiar, causa social del partido del Leyma Coruña frente al TAU Castelló

O Leyma Coruña dedicará o seu partido deste mércores ás 21:00 horas en Riazor fronte ao TAU Castelló á promoción do acollemento familiar, dentro do programa "17 partidos, 17 causas" que o club herculino desenvolve ao longo da tempada co patrocinio da Obra Social "la Caixa".

Para iso, colaborará con Cruz Vermella dando a coñecer o Programa de Acollemento Familiar, iniciativa pública da Xunta de Galicia na que a Organización xestiona a captación, formación e seguimento das familias que desexen acoller no seu fogar a un menor debido a calquera situación que impida a súa estancia coa súa familia biolóxica durante o tempo que sexa necesario.

No hall de entrada ao Palacio instalarase unha exposición e un punto informativo da campaña "En Familia, por Dereito" e, durante o descanso do encontro, dedicaranse uns minutos a presentar o traballo da Cruz Vermella nesta materia, así como os modos de colaborar.

O obxectivo deste programa é que menores entre 0 e 17 anos que non poden convivir cos seus proxenitores por diversas circunstancias poidan seguir desenvolvéndose nun ambiente familiar mentres estas situacións non se solucionan, como fórmula alternativa a un centro de menores.

Para iso, é prioritario desenvolver unha rede de familias o máis ampla posible que poidan acoller a un ou varios menores durante o tempo necesario, e poden integrala tanto avós como pais con e sen fillos, familias monoparentais e persoas solteiras, co fin de responder ás distintas necesidades. Deste xeito búscase protexer o dereito de todos os nenos e nenas a vivir e crecer nunha familia, como o mellor contexto para o seu crecemento persoal, a súa formación en valores sociais e as súas perspectivas de futuro.

Na actualidade, 146 familias da provincia da Coruña forman parte da rede e 107 nenos e nenas están en situación de acollemento. Con todo, na zona da Coruña hai 29 menores que esperan ser acollidos e necesítanse familias para catro grupos de irmáns, entre os que se atopas nenos e nenas maiores de oito anos que necesitan acollemento permanente.









federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankcoca colaaltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial