Actividades | 19/02/2019 09:31
Educo, protagonista dos '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa

A ONG Educo será a entidade protagonista dentro dos '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa. Unha homenaxe que terá lugar entre o primeiro e o segundo cuarto do partido ante Cáceres Patrimonio da Humanidade este venres día 22 ás 20.45 horas.
Educo é unha ONG de cooperación global para o desenvolvemento e acción humanitaria que actúa desde hai máis de 25 anos a favor da infancia e en defensa dos seus dereitos, en especial o dereito a recibir unha educación equitativa e de calidade.
Traballa en España e en países de África, América e Asia, mediante proxectos sociais nos que participan máis de 464.000 nenos e nenas e 190.000 adultos para promover sociedades xustas e equitativas que garantan os seus dereitos e benestar.
En España grazas ao seu labor prestan apoio a máis de 12.000 nenas e nenos a través de programas como:
Programa Bolsas Comedor co que garanten unha comida completa, saudable e equilibrada ao día a nenas e nenos a través dos comedores escolares.
Programa Bolsas Comedor Verán. Dá continuidade ao traballo realizado durante o curso escolar a través da colaboración con entidades sociais e proporcionando a nenas e nenos de familias con dificultades económicas unha alimentación sa e unha oferta lúdica e formativa no período vacacional.
Programa de Acción Social. Presta apoio a entidades locais de atención á infancia e adolescencia en situación de vulnerabilidade que traballan no ámbito da educación e o lecer saudable.
Ademais, desenvolven outro tipo de proxectos baseándose en metodoloxías de aprendizaxe e servizo, educación para a cidadanía global e en valores ou outros que fomenten a participación real da infancia.
Desde o Básquet Coruña queremos render homenaxe a Educo e ao importantísimo traballo que realizar á favor da infancia e na loita contra a pobreza.