Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 23/11/2018 23:31

Dura derrota do Leyma Coruña que plantou cara ao Club Baloncesto Melilla (72-76)

Dura derrota del Leyma Coruña que plantó cara al Club Baloncesto Melilla (72-76)

Dura  derrta do Leyma Coruña ante o Club Baloncesto Melilla, nun encontro no que os de Gustavo Aranzana foron de menos máis e no que quedaron ás portas da remontada.

Saíron enchufados os laranxas,anotando e con Miso avisando de que tiña a boneca quente , con dous triplos seguidos (13-8), do cinco que asinou en todo o encontro. Eran neses primeiros minutos superiores os coruñeses aos de Alcoba. Entón, era Melilla quen daba un golpe sobre a mesa, cun (0-12) que os puña por diante (13-20). Sete abaixo quedaban os herculinos ao final do primeiro cuarto (20-27).

No segundo cuarto ambos os equipos atascábanse en ataque e durante tres minutos ningún anotaba (24-36). Volvían as canastras e os coruñeses asexaban ao seu rival, tras un parcial de 9-3 (33-39), pero un último arreón dos visitantes púñalle dez arriba ao descanso (46-36).

Tras o paso por vestiarios, seguían manténdose as diferenzas, aínda que melloraban os herculinos en defensa, gañando o cuarto, deixando o seu opoñente en 16 puntos e máis preto no marcador (55-62). Era o último cuarto onde aínda subía máis a intensidade defensiva. Eran, ademais bos minutos para xogadores como Miso, Bulic ou Ty Sabin, que con tres triplos consecutivos apertaban o luminoso.

Tras un 2+1 de Mirza, os coruñeses quedaban a un, con bóla para Melilla e menos dun minuto para a conclusión (72-73). Anotaba case sobre a bucina Chuku, ex do Leyma, e sacaban os coruñeses en campo dianteiro, con 19 segundos por diante. Erraban o triplo que levaría ao equipo á prórroga e a vitoria escapábase no último suspiro (72-76).

O Leyma Coruña volverá xogar este martes, na xornada entre semana, ás 21 horas na cancha de Covirán Granada.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city