Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 06/01/2017 14:05

Down Coruña protagonista do programa

Down Coruña protagonista del programa

O Leyma Básquet Coruña apura as súas horas de adestramento de face ao choque do próximo martes ás 21:00 horas no Palacio dos Deportes de Riazor fronte á Palma Air Europa. Os de Perico Díaz dedicarán este encontro a apoiar ás persoas con síndrome de Down e as súas familias, visibilizando o traballo que neste ámbito desenvolve a Asociación Down Coruña desde a súa creación no ano 2000.

Dita entidade será por tanto a protagonista, especialmente durante o descanso do partido, do programa ?15 partidos, 15 causas" que ao longo de toda a tempada patrocina a Obra Social ?a Caixa? co fin de solicitar apoio e dar visibilidade ao traballo que innumerables entidades desenvolven na Coruña e a súa contorna en prol de colectivos especialmente vulnerables por diversas causas.

A Asociación Down Coruña, centra o seu traballo en desenvolver os potenciais e capacidades das persoas con esta síndrome, promovendo que sexan elas mesmas quen elixan o lugar que queren ocupar no medio social, familiar e laboral, en función das súas capacidades e motivacións e sempre co apoio das súas familias e dos profesionais que traballan para a entidade.

Así mesmo, realiza un importante labor de divulgación e sensibilización, co fin de dar a coñecer esta realidade e favorecer a plena integración das persoas con síndrome de Down en todos os sentidos, tanto familiar como social, escolar e laboral.

A relación de Down Coruña co club vén xa desde hai varias tempadas, fomentando a inclusión dos seus nenos e nenas nos seus campus e continuará fortalecéndose ano a ano con iniciativas como esta.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city