Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 19/12/2016 10:11

Dobre sesión de Rubén Souto e Laura Ibáñez coas seleccións galegas das súas categorías

Doble sesión de Rubén Souto y Laura Ibáñez con las selecciones gallegas de sus categorías

Antes de que finalice o 2016 os nosos xogadores Rubén Souto, da categoría cadete masculina, e Laura Ibáñez, categoría infantil feminina, volverán concentrarse coas súas respectivas seleccións galegas para seguir avanzando nas súas habilidades de xogo.

Os días 22 e 23, Rubén Souto e os seus compañeiros de categoría foron convocados pola Federación Galega de Baloncesto para celebrar unha dobre xornada de preparación en Lugo, que finalizará cun partido amigable ás 16:00 horas da tarde do venres. O club laranxa tamén estará representado polo noso preparador Héctor Méndez, que actuará como adestrador axudante.

Poucos días despois, 27 e 28, leste mesmo grupo de doce xogadores e corpo técnico acudirán á Estrada para participar nunha segunda concentración de mañá e tarde.

Pola súa banda, Laura Ibáñez e o resto das xogadoras da selección galega infantil feminina concentraranse os días 22 e 23 en Bastiagueiro-Oleiros, e as sesións tamén finalizarán con encontro amigable na tarde do venres, ás 16:00 horas, no Colexio Maristas da Coruña. Do mesmo xeito que os cadetes masculinos, as últimas sesións terán lugar os días 27 e 28 en horario de mañá e tarde, neste caso na localidade de Boiro.

Que mellor maneira de despedir o ano que practicando baloncesto a lume de biqueira! #sentimentolaranxa

 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city