Goza da vitalidade do xogo laranxa e revive o triunfo contra o Prat

Estiveses ou non na bancada este pasado venres en Riazor, aquí deixámosche o vídeo e as fotos cos que poderás revivir o encontro entre o Leyma Básquet Courña e o Prat Joventut, que finalizou con case unha vintena de puntos arriba para os locais (96-77).

Os nosos Leb Ouro, minguados polas lesións dos seus dous capitáns Anxo Hernández e Jesús Castro, demostraron unha vez máis a súa capacidade para facer equipo e entre todos suplir as ausencias, regalando á afección un xogo atrevido e veloz, sen descoidar a retagarda. Unha xornada na que os canteiráns Óscar Pérez e Pablo López Pizarro recibiron o xusto premio de debutar en liga regular, co recoñecemento do público e do banco.

Galería de imaxes