Desconto do 20% en produtos oficiais do Básquet Coruña na tenda Tiro Libre de Marineda City

Con motivo dunha nova campaña extraordinaria de invitacións con vistas ao partido deste venres día 1 ás 20.45 ante o CB Prat a tenda Tiro Libre de Marineda City todo o merchandising do club conta desde hoxe e ata ese mesmo venres cun 20 % de desconto.

Todos os interesados poderedes conseguir produtos como as camisetas oficiais desta tempada, bufandas, sudaderas... Todo o necesario para ir o máis equipados posible ao importante encontro ante o CB Prat, unha cita fundamental na que tocará encher #OFornodeRiazor e arroupar ao equipo na súa loita por achegarse aos postos de playoff. O propio día do partido Tiro Libre terá a súa caseta na contorna do Palacio dos Deportes de Riazor onde manterán esta promoción.

Lembramos ademais que continúa a campaña de invitacións para socios e abonados. A dinámica é moi sinxela. Só teñen que enviar un whatsapp ao número 648 79 49 42. O socio ou abonado terá que indicar o seu nome, apelidos e número de carné ademais do nome e apelidos do invitado, o seu número de móbil (indicando se non ten whatsapp) e número de invitacións que necesita. O prazo para a recepción de peticións finalizará o mércores 30 ás 21.00 horas.