Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 06/04/2019 00:06

Derrota axustada do Leyma Coruña ante o Liberbank Oviedo (80-70)

Derrota ajustada del Leyma Coruña ante el Liberbank Oviedo (80-70)

O Leyma Coruña claudicó de forma axustada no Pumarín ante Liverbank Oviedo (80-70) nun duelo no que os herculinos foron a máis.

O encontro estivo condicionado por unha primeira parte con problemas de anotación dos laranxas e unha diferenza de once tiros libres entre un equipo e outro, con máis do dobre de faltas sancionadas aos coruñeses, o que marcou en certo xeito a diferenza antes do receso.

No primeiro cuarto a pesar de defender ben aos tiradores, os ovetenses xeraban a partir do bloqueo directo, polo que o Leyma Coruña cambiaba a defensa e reaccionaba, conseguindo plantarse no partido, con boas transicións, tiros liberados e canastra de talento de xogadores como Ty Sabin e Jeff Xabier. A pesar diso, os laranxas íanse doce abaixo ao descanso (48-36).

No terceiro cuarto o Leyma Coruña saía lanzado e asinaba un parcial de 0-9 (48-45) que metía de cheo aos herculinos no encontro, unido a que o criterio arbitral equilibrábase. Os coruñeses igualaban o choque, a partir da defensa, de recuperar balóns, de buscar situacións de tiro máis próximas ao aro e lograban empatar o duelo (52-52) a menos de dous minutos para o final do terceiro cuarto, aínda que Oviedo daba un pequeno arreón neses minutos finais (60-55).

Xa no acto definitivo os locais chegaban aos dous últimos minutos do partido con só dúas faltas, o que terminaba por condicionar en certa medida o encontro. Tampouco axudaba que nos últimos minutos, co duelo apertado, os herculinos fallaban ata tres tiros libres seguidos. Ao final derrota axustada do Leyma Coruña nunha cancha moi esixente e ante o terceiro clasificado da competición (80-70).








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro