Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía 78-77 Leyma Básquet Coruña · 17/06/2017 12:15 Santiago || Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña Senior 66-68 Fundacion Culleredo · 17/06/2017 18:00 Riazor II || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 02 49-62 Santo Domingo Betanzos · 18/06/2017 10:30 Betanzos

Equipos base | 16/05/2017 12:59

Crónica Sub 22 masculino: Comezo da liga Sub 22 con vitorias

Comienzo de la liga Sub 22 masc. con victorias

Comezou a liga sub-22 coa participación do noso equipo, formado basicamente polos xogadores dese segmento de idade que hai apenas unha semana conseguían o ascenso á liga EBA, 11 dos 14 integrantes do equipo de 1ª nacional son menores de 22 anos. E fíxoo cun dobre compromiso, xa que os nosos desprazábanse o pasado sábado ata Santiago para abrir esta competición no pavillón do Instituto Rosalía fronte aos conxuntos do Estudantes de Lugo e do BBCA ferrolán.

No primeiro envite, triunfo laranxa fronte aos lucenses, tras unha prórroga, por 97-94. Un partido con moita anotación, que se decidiu nas posesións finais do tempo extra cun gran protagonismo de Alberto Rodríguez que facía 12 puntos no cinco minutos de engadido. Os lucenses, capitaneados por unha liña exterior titular na EBA, apoiáronse no triángulo formado por Marcos Díaz, Pablo Córdoba e Mirotic para dirixir o seu enorme potencial anotador. Pero os nosos souberon xogar en todo momento para levar a primeira vitoria do torneo.

Xa pola tarde, xogo fronte ao BBCA de Ferrol, nun partido totalmente controlado polos laranxas, quen, a pesar das probas e ás múltiples rotacións, impuxéronse por un contundente 80-49. 31 puntos de diferenza que reflicten claramente como foi o partido.
Dous de dous no inicio dunha competición que terá o seu segundo acto o próximo fin de semana no que nos enfrenaremos ao COB Ourense.

Leyma BC 97- de Lugo 94

Xogaron: Pedro Rusell 6, Alberto 12, Óscar 2, Asier 18 e Jorge 24-equipo inicial-, Pablo Pizarro 11, Martín Montero 5, Diego Xusto 19 e Darlyn.

Parciais: 21-20, 21-21, 18-14 e 20-25. 17-14 na prórroga.


Leyma BC 80-bbca 49.

Xogaron: Pedro Rusell 7, Alberto 5, Óscar 3, Asier 25 e Diego xusto 5-equipo inicial-, Martín Montero 4, Pablo Pizarro 18, Jorge 13 e Darlyn.

Parciais: 26-17, 16-13, 19-10 e 19-9.










federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankcoca colaaltiawibociudad cristalhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial