Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 25/04/2017 19:16

Crónica Senior Masculino 1º: Novo triunfo

Crónica Senior Masculino 1º: Nuevo triunfo

Última saída antes de afrontar a F4 para o noso equipo filial que se saldou cun novo triunfo, nesta ocasión en Ourense ante o Salesianos Bosco, por 56-64. E é que, aínda que coa clasificación matemática para o día decisivo no peto, había moito en xogo para os laranxas posto que este partido podíalles deixar ás portas da 2ª praza ao final deste grupo de ascenso.

O partido resultou moi competido, non por casualidade cimentaran a maioría dos seus triunfos os ourensáns no seu pavillón, cunha saída na que o claro dominador era o conxunto local capitaneado por Sony Vázquez e Rubén Fernández Vila. Os de Chiqui Barros e Hugo Fernández asinaron un extraordinario segundo cuarto cun parcial de 10-23, o que unido á boa posta en escena tras o descanso-parcial de 14-21 no 3º cuarto supuxo que se entrase na recta final cunha vantaxe nunca cómoda pero si que suficiente para non pasar ningún apuro a pesar da enorme diferenza de tiros libres dispostos, 11 por 26 dos locais e sumar así a décimo sexta vitoria do curso dos 21 partidos oficiais disputados ata o momento.

Agora chega a última xornada previa á F4. O domingo 30 ás 5 da tarde recibimos na Polideportiva de Riazor ao equipo da Estrada nun choque que, de gañar, daríanos matematicamente a 2º posición sen depender de ningún outro marcador. Esperámosvos.

Xogaron:

Equipo inicial: Pedro Rusell 1, Pablo Pizarro 18, Asier 6, Rubén Rei 20, Diego Xusto 6 Iago, Martín Belo 7, Jorge Castiñeira 6, Marín Montero, Óscar e Alberto.

Parciais: 13-7, 10-23, 14-21 e 19-13.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro