Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 10/04/2017 14:00

Crónica Senior masculino 1º Div: Vitoria para os nosos

Crónica Senior masculino 1º Div:  Victoria para los nuestros

Partido marcado pola extrema igualdade o disputado o pasado domingo na Polideportiva de Riazor entre o noso filial e o PBB de Porriño e que terminou cunha nova vitoria para os nosos por un axustado 56-55 que ratificaba matematicamente o que era practicamente un feito desde a pasada semana, isto é, a clasificación dos laranxas para a final a catro do 7 de maio na que se decidirá definitivamente o ascenso á liga EBA.

O encontro respondeu os parámetros do celebrado en Porriño na primeira volta e que se decidiu tras unha prórroga. E, nese escenario, os locais movéronse ben a pesar da súa mocidade e demostraron unha semana máis o porqué da súa excelente marcha. Unha vez máis o traballo defensivo colectivo sostivo ao equipo que, ademais, soubo en todo momento responder as variantes defensivas do rival anotando sempre nos momentos de necesidade. Un par de balóns perdidos nos momentos finais posibilitaron aos visitantes gozar da última posesión para gañar, pero, aí, impúxose a defensa local que impediu anotar aos pontevedreses o que certificou a vitoria e, de momento, a segunda praza para o filial.

Agora, tras o descanso de Semana Santa, restarán dúas xornadas nas que se tentará chegar no mellor momento posible a esa final a catro que parecía moi afastada ao comezo da competición.

A liga retorna o sábado 22 de abril en Ourense, onde ao oito da tarde verémonos as caras co Bosco Salesianos.

Xogaron:Equipo Inicial- Pedro Russel 6, Pablo Pizarro 6, Asier 8, Rubén Rei 20 e Jorge, Martín Montero, Martín Belo 14, Iago, Óscar e Diego Xusto 2.

Lesionados: mateo, darling, alberto e miguel.

 









federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiawibociudad cristalhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial