Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 07/03/2017 13:39

Cronica Senior Masculino 1ª Div : Primeiro partido do grupo de ascenso

Cronica Senior Masculino 1ª Div : Primer partido del grupo de ascenso

Primeiro partido do grupo de ascenso para o noso filial e primeira vitoria ante un duro e competitivo rival como resultou ser o Rosalía santiagués. Ao final 70-66 para os laranxas nun choque extremadamente igualado e que se decidiu nos minutos finais do mesmo.

Tras un primeiro cuarto equilibrado, o segundo acto foi de clara cor visitante o que reflectía o electrónico de Riazor co 33-38 do descanso. Ata aí, a figura do beirado visitante López resultara determinante con 18 puntos no seu haber. A volta á pista trouxo como novidade un cambio defensivo por parte do noso equipo que presentaba unha defensa mixta sobre López quen desde ese momento soamente foi capaz de anotar dous tiros libres o que, unido á mellor produción ofensiva e ao acerto desde máis aló da liña de 6,75, trouxo consigo un cambio na dinámica do xogo coa que os locais pasaban a ter o control que lles faltou na parte inicial. Iso desembocou no 70-66 definitivo, o que supón o primeiro triunfo dos nosos neste grupo de ascenso e colócanos na segunda posición con catro vitorias ao xogarse, esta con sistema olímpico e, por tanto, arrastrar os participantes os resultados obtidos na primeira fase.

O próximo compromiso será o sábado 11 en Porriño ao oito da tarde.


Xogaron: Pablo 14, Pedro Russel 3, Asier 4, Rubén Rei 19 e Jorge.

Equipo inicial: Iago, Alberto, Martín Belo 22, Mateo 2 e Diego Xusto 6.
Parciais: 19-18, 14-20, 20-12 e 17-16.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro