Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 22/10/2018 14:04

Crónica preinfantil fem: Basquet Coruña contra Baloncesto Basee Costa Ártabra.

Crónica preinfantil fem:  Basquet Coruña contra Baloncesto Basee Costa Ártabra.

Despois de 19 adestramentos completados, collendo ritmo e adoitándonos á pista grande chegaba a hora de competir. Empezabamos a competición xogando en casa contra un rival que sabiamos que nos ía a pór as cousas moi complicadas. Acababamos de completar unha semana de altibaixos nos adestramentos e iso notouse despois na pista.

Hora de quentar, víasenos moi concentradas no partido e sobre todo nervios, moitos nervios.

Balón ao aire e comezaba unha nova experiencia para elas.

Saímos con algúns descoidos en defensa, que o rival non dubidou en aproveitar para anotar, ao que nós tamén soubemos responder sen problema con varias penetracións a canastra e bos tiros, pero eses descoidos e o cansazo fué o que fixo que o rival levase o parcial por 9-15.

Empezaba o segundo cuarto, BBCA deu un paso máis en defensa cunha presión moi alta na que nos viamos incapaces de saír, que permitiu moitos balóns roubados, contraataques fáciles e penetracións soas a canastra.  Cada vez notáballenos máis o cansazo e a diferenza de puntos ía aumentando pero aínda así non nos rendemos e seguímolo tentando, movendo ben o balón, con penetracións a canastra e tiros liberados aínda que, sen moita fortuna, o rival volveuse a levar o parcial cun 5-32.

Descanso, momento de reflexionar e esquecernos do marcador, tiñamos que seguir traballando para ir collendo forma e adoitándonos ao que nos depara esta competición.

Terceiro cuarto, o máis importante de todos, tiñamos que saír concentradas como falamos no descanso.

En ataque notábasenos cada vez máis o cansazo físico, matabamos moi pronto o bote, non había pases claros, o que levaba que non soubésemos xerar situacións claras ofensivas. Parcial de 5-19 a favor de BBCA.

Con caras de cansas pero con ganas de seguir loitando daba comezo o último cuarto.

Saímos mellor en ataque, movendo o balón rápido, con fluidez e ordenadas, con isto conseguimos sacar varias penetracións, faltas e tiros pero seguiamos sen sorte cara ao aro.

En defensa estivemos máis concentradas que nos dous cuartos anteriores, e puxémoslles as cousas difíciles ao rival, impedindo que anotasen con facilidade e así se fixo ver nun parcial con escasos puntos, 2-6 para BBCA.

Condenounos os descoidos en defensa, as perdas de balón. Pero cabe destacar que as nosas seguiron pelexando a pesar do marcador.

Seguiremos esforzándonos e collendo aos poucos a forma en cada adestramento para seguir mellorando día a día.

 

Basquet Coruña 21: Uxía, Marta, Olivia, María, Eugenia, Helena, Usue, Lucía.B, Gabriela, Lucia Baixeiras, Sara, Alba, Laura

Adestradores: Román Gómez e Daniela Valenzuela.

 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city