Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Equipos base | 30/03/2017 10:36

Crónica Porriño- Leyma inf fem: Desde a bancada

Crónica Porriño- Leyma inf fem: Desde la grada

É o primeiro partido da volta e as nenas xogan ás 16:00 horas de o sábado. A viaxe a Porriño son 2 horas, mellor saímos pola mañá e comemos alí, podemos chegar co estómago baleiro e/ou revolto. Toca día de convivencia e "a por todas".

As nenas comeron pola súa conta, coas adestradoras.

Cando chegamos ao pavillón atopámonos con algúns pais de Porriño : por onde se entra ao pavillón onde xogan o Básquet contra Porriño?, no outro estaban a xogar un partido de balonmán, por aquí, pero somos pacíficos, dinnos cun sorriso, que sexan elas as que o dean todo na pista, estamos totalmente de acordo, dixémoslles, sorte para todas e que gañe o mellor.

Con este bo ambiente na bancada, os pais situámonos, faltaban 3 minutos para comezar o partido. Termina o quecemento e retíranse a o banco, hoxe acompáñaas a irmá pequena de Carolina, Carlota (6 anos), que con paciencia e sempre riseira, fixo os seus labores de axudante, animándoas e chocando as mans das nenas. Temos 3 baixas que non pisarán pista, Gabriela, Martina e Mayte, que están aí, coas súas compañeiras.

Hoxe o equipo, son 9 e son equipo. Podemos e ímolo a tentar.

Comeza o primeiro cuarto, moi igualado, medíndose todas, sen poder facer moitos puntos. Todas, as nosas e as outras, defendendo a súa canastra. Final do primeiro cuarto: 9-7, para as de Porriño. Poucos puntos. Moi igualado.

No segundo cuarto conseguimos unha pequena vantaxe: final cun 15-21 para o Básquet. Así nos imos ao descanso.

Na bancada: silencio e respecto. Os pais de Porriño estaban moi calados, animaban, pero non houbo voces, nin berros, nin malos tons, algunha protesta, pero nada que dicir da arbitraxe. E as nenas, todas, dándoo todo. A cousa estaba moi igualada. Podemos, si, podemos, pero hoxe queremos.

Terceiro cuarto, moi rápido todo e subidón, terminamos con 27-40 para o Básquet, non só queremos, crémolo e estamos seguras de conseguilo.

Os tiros entran, somos rápidas, elas tamén, roubamos balóns, o número?é rápida, pero todas son rápidas, elas tamén saben roubar. Imos

Básquet! Gritamos, Baaaasquet!

Comezamos o último cuarto. Se chegamos ata aquí, agora si. Silencio. Tensión. Xogo rápido. Todas esgotadas. Todas pelexando. As de Porriño e as do Básquet. Pero nós chegamos á vantaxe de 20, e nos últimos 3 segundos, dous tiros libres deixan un final de 38-56. Vitoria do Básquet.

Despois dos saúdos de rigor, cada equipo ao medio da pista, celebración dunhas, charla para outras e aplausos a todas. Iso foi o mellor de todo, os pais, todos, os de Porriño e nós, aplaudimos ás súas e a as nosas.

Grazas mozas por este partido, un moi bo partido, querendo, crendo e conseguíndoo.

PBB "A"(4+6+11+12) 38: Philippon, S., Martínez, Bastos, Giráldez, Amado, Rodríguez, Philippon, L., Baz, Martínez, Rodríguez, Vaqueiro, Russell.

Adestradores: Díaz e Lamas.

BÁSQUET CORUÑA LEYMA (7+14+19+16): Laura Ibáñez, Inés Ferreiro, Sara Lara, Sofía Cernadas, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Carolina Varela, Sara Fernández e Gabriela Biscaíño.

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces e Laura Pozo.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city