Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Equipos base | 17/01/2018 12:35

Crónica partido Universitario de Ferrol: Soñan as pulgas

Crónica partido Universitario de Ferrol: Sueñan las pulgas

"Helena acudía, en carro de cabalos, ao país onde se soñan os soños.
Ao seu lado, sentada no pescante, ía a perrita Pepa Lumpen.
Pepa levaba, debaixo do brazo, unha galiña que ía traballar no seu soño?"
("Os soños de Helena". Eduardo Galeano)

A distinta escala, cada un dentro das súas posibilidades, cruzan ordenadamente os equipos o ecuador da competición. As expectativas xa tomaron o mando, estamos a xogar a volta e sabemos case con certeza o que nos espera cada fin de semana. Se ademais os rivais son tan dispares que non deixan moita esperanza á disputa do resultado, a marxe que queda a os soños é mínimo.

E aí estamos, sentadas no pescante, camiño a Ferrol e coa galiña ben apertada debaixo do brazo. Soñarannos, si, pero nós tamén faremos o noso. Se no partido de ida non eramos capaces de sacar de fondo e a intres parecía que non ía parar nunca o vendaval, se encaixamos 96 puntos e case non anotamos, parece que o resto está ben claro.

Unha estraña alegría contaxiosa para quentar o xélido cemento de Esteiro. Non temos nada que perder e nótase. Aínda así, difícil dixerir o (27-5) de saída.
Fallamos moito; unha canastra e un triplo iniciais e despois do 8-5 no que parece que aguantamos o tirón, xa non as vemos máis. A fama custa.

Centrámonos en defensa e parece que atopamos o punto. Iso si, ao aro rival coñecémolo polas fotos, porque o (16-4) do segundo cuarto non nos consola demasiado.
Saímos á segunda parte con ganas de facelo mellor, poucos obxectivos ben claros. Conter as súas transicións, atacar organizadas. O acerto local séguenos  machucando e o terceiro cuarto péchase (25-8). No último o rival rota
un pouco máis e o partido xa se parece un pouco máis aos da nosa categoría: (12-6) e a sensación de que propuxemos xogo, conseguimos pór o balón en pista dianteira, defendemos como un equipo e disputamos ata o último balón. Nos días difíciles, cando dás a cara, saen as xogadoras de verdade.

"Non quero xente que queira bailar, quero xente que teña que bailar?
(George Balanchine)


STAR CENTER FERROL "A" (22+17+24+32) 95: López, I, López, A., Casal, Saa, Rodríguez, B., Rodríguez, C, Casal, Soto, Penabad, Bra, Filgueiras e Miragaya.
Adestradores: Gómez, N. e Gómez S.


BÁSQUET CORUÑA LEYMA Ou16 (5+8+8+6) 27: Sofía Martínez, Sofía Cernadas, Esther Veiga, Carla Castro, Iria Candal, Adela Villar, Mayte Villca, Verónica Payo e Lucía Sande.
Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces e Laura Pozo.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city