Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Equipos base | 16/11/2016 10:56

Crónica Minibasket Masculino Básquet Coruña 05: Partido dos que gusta ver

Crónica Minibasket Masculino Básquet Coruña 05: Partido de los que gusta ver

O domingo pola mañá, no pavillón do Agra 2, disputamos un partido ao que iamos con toda a ilusión de seguir transferindo o que imos aprendendo día a día, adestramento tras adestramento. Tanto Basquet Coruña como Baloncesto Montrove puxemos todo o noso empeño, cada un coas súas ferramentas, para poder gozar de 48 minutos de bo baloncesto de formación.

Todos as partes foron moi competidas, onde viamos como o noso equipo tentaba non abusar do bote, senón levantar a cabeza e ver a mellor opción onde dirixir a pelota e así poder lograr a canastra desexada. Nos 4 primeiros sextos puidemos conseguir varias canastras grazas a ese movemento de balón, onde a defensa non lograba chegar a tempo para poder obstaculizar os nosos ataques. Montrove pola súa banda tamén conseguía o seu obxectivo grazas a bos ataques.

Cando apareceu o cansazo, os erros empezaron a aparecer nos dous equipos, chegando aos últimos minutos cunha diferenza en contra de 3 puntos (44-41). Dita vantaxe aumentouse ata a diferenza final de 8 puntos grazas á perda de varios balóns, cos seus consecuentes contraataques e canastras a favor do equipo de Oleiros. Os xogadores laranxas deben estar orgullosos do partido que realizaron.

O vindeiro domingo xogamos contra Calasancias. Só dicir, felicidades rapaces, a seguir así!

Baloncesto Montrove: 51. Manuela, Lucas, Antón G, Andrés, Luca, Miguel, Candea, Adrián, Hugo, Martín, Pedro

Adestradora: Adriana González

Basquet Coruña: 43. Anxo, Iago, Tomás, Erik, Izan, Jorge, Nathaniel, Román, Manrique, Xiao, Nahuel

Adestrador: Hugo Fernández








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro