Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Equipos base | 16/11/2016 10:38

Crónica Minibasket Masculino 1ª División

Crónica Minibasket Masculino 1ª División:

Visitaban Santiago os herculinos con varios xogadores afectados por diversos problemas de saúde que deixaba aos coruñeses moi tocados para enfrontarse ao conxunto máis en forma da táboa, xa que a única derrota coa que conta nn taboleiro os composteláns foi por sanción ao presentarse a un encontro con menos de 10 xogadores, mínimo esixido pola normativa. Aterraban así os coruñeses na capital autonómica conscientes das dificultades que expuña o partido pero dispostos a dalo todo na cancha. Ás 12:00 arrincou o encontro cos locais tomando a dianteira e os laranxas á zaga, pero un parcial de 5-0, no último minuto do período, deixaba o primeiro tenteo en 14-7 a favor dos de Iria Romeu. Un 0-4 ao comezo do segundo sexto puña de novo aos coruñeres a un paso dos colexiais. Manteríase a igualdade no marcador ata o descanso ao que os coruñeses chegarían cun punto de vantaxe, 30-31.

O intermedio fixou un punto de inflexión para os coruñeses, aos problemas de saúde de varios xogadores engadíase a lesión de Jorge e a quinta falta de Román ambas no cuarto período, a partir de aí o cansazo dos visitantes fíxose patente, a defensa herculina víase incapaz de parar aos xogadores máis talentosos do conxunto local que agora parecían ter unha marcha máis que os coruñeses e non perdoaban nas situacións de vantaxe, en ataque non estaban mellor as cousas, a falta de actividade acababa coas lineas de pase e aos xogadores con balón custáballes ver aos seus compañeiros o que se traducía en accións individuais moi difíciles de culminar. Chegaba o final do encontro coa merecida vitoria dos composteláns por 79 a 51 e co aplauso dos afeccionados a uns xogadores que o deron todo na pista.

Pio XII Rosalia 79 - Básquet Coruña 51 (14-7, 7-15, 7-9, 18-5, 9-5, 22-10)

Xogaron por Básquet Coruña: Miguel Valín, Anxo Casais, Rubén Catoira, Nicolas López, Roi Comesaña, Aaron Souto, Mauro Gonta, Pablo Pérez, Teo Piñeiro, Román Pérez e Jorge Sans.

Este fin de semana o Básquet Coruña viaxará de novo a Santiago, esta vez para visitar a cancha do Peleteiro, no que será o primeiro encontro da 2ª volta.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city