Crónica Liga FGB Preminibasket Masculino 07: Fase Final (3ª Parte: CUMPRINDO SOÑOS! )

28/05/17 ? Terceiro e cuarto posto ? ROSALÍA PIO XII vs BASQUET CORUÑA 07

Regreso "in extremis", coa comida aínda en proceso de dixestión. Camiño do vestiario comprobamos que a federación cambiou a pista de xogo, volvendo citarnos para a cancha anexa. Dá igual, estamos esgotados, xa non se cuestiona nada. Repetimos roupa laranxa por terceiro partido consecutivo, é a nosa cor, a bancada vai de laranxa, nós tamén. Rápido quecemento, nin demos tempo a que sente a afección, cando Javi comproba que non se recuperou e non poderá participar neste último partido. Esperemos que non sexa nada.

Rosalía exhibe o mesmo baixo nivel de forzas. O partido arrinca con ímpeto e van pasando os cuartos cunha máxima igualdade. As pernas pesan, a velocidade ten unha marcha menos, o acerto reséntese, as imprecisións son protagonistas?

Os equipos vólvennos a ofrecer un espectáculo igualado. A entrega é total, o ambiente máis "san" que pola mañá. Esta competitividade se nos gusta. Todos participan. As diferenzas son mínimas e todo parece encamiñarse cara a un final igualado nunha tarde cunha calor sufocante, un ruído constante, un cansazo notable? pero é o último esforzo.

Aceptamos o reto e entregámonos a fondo á tarefa. Sen gardar nada, moi xenerosamente, coa inexperiencia de quen aínda está a descubrir as grandezas deste xogo. Sen ponderar a importancia relativa das enerxías para o tramo final, cos nervios a flor de pel, co temor de volver perder?

Así chegamos co marcador igualado a 40 a tres minutos para o final. Das anotacións máis pobres de ambos os equipos esta tempada. Están exhaustos, están esgotados, están espremidos? pero aquí ninguén se rende. Na primeira xornada da fase de grupos, a sorte sorriunos e a moeda saíu cara, nesta ocasión a fortuna cambiou de bando e a vitoria caería ao lado santiagués.

Desconcertados, extenuados, despedímonos da pista, con tristeza, pero todos xuntos, coas nosas reflexións, as nosas conviccións, os nosos berros de guerra? pero nada é suficiente estamos desconsolados, abatidos? rompemos o noso círculo e buscamos os aplausos, os abrazos, a calor dos nosos? bágoas de tristeza profunda? de emoción. Abrazos de pais e familiares, bicos de tenrura, caras de emoción, descarga de sensacións, sentimento profundo. En certo xeito liberación, consolo. Estamos en casa, estamos coas nosas familias, estamos coa nosa nova familia. Seguimos chorando pero os rostros van cambiando. Aparecen os primeiros sorrisos tímidos, arrincamos unha foto, logo outra. Primeiro do equipo, logo coas familias? chegamos ata aquí, pelexamos con todo tiñámolo, entregámonos sen condicións. Non cabe o reproche, non cabe a escusa.

Coa tristeza dentro ímonos ao vestiario a pechar a competición. Confesións, liberación, promesas de futuro, preguntas, inquietudes? recuperamos o sorriso. Aos poucos ímonos refacendo e dándonos conta de que temos motivos para celebracións. E con elas os seus rituais. Iago paga un deles e recibe a pertinente ducha por parte dos xogadores. Certamente recuperamos o sorriso.

Esperamos á cerimonia final gozando da final. Narón vs Ourense. Un xogador moi destacado en cada equipo, acompañados dun segundo xogador referencia. O noso bombo anima a Ourense. Os nosos cánticos únense aos do Bosco, que acaba forzando a prórroga, pero sucumbe ante o noso verdugo da mañá.