Crónica J5 Básquet Coruña 06: En busca da felicidade

Partido correspondente á xornada 5 xogado contra o equipo de CB Arteixo nas instalacións do Agra.

Un encontro máis que fainos aprender o importante que é respectar o traballo semanal que temos cando imos adestrar cos nosos compañeiros de equipo, porque como diciamos semanas atrás, se adestro ben xogo ben. Esta típica frase empézase a cumprir, pero o mellor de todo, os nosos pequenos xogadores danse conta que é verdade.

A pesar de non estar cómodos no partido, o equipo tentou estar unido e competir ata o final, pero para chegar a esa palabra que moitos teñen en mente que é gañar, necesitamos facer os básico á perfección, adestrar. En busca da felicidade.

Basquet Coruña06 21: Jorge, Hugo, Victor, Óscar, David, Mario, Manu, Mateo, Diego, Juan.

Adestrador: Carlos Penedo.

CB Arteixo 41