Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Equipos base | 22/02/2017 10:21

Crónica J14 Cadete Basquet Coruña 02: O físico imponse ao talento.

Crónica J14 Cadete Basquet Coruña 02  TITULO: El físico se impone al talento.

Partido contra Narón, outro equipo dos de arriba que nos gañou na primeira volta e como contra Betanzos, tiñámolo marcado en calendario para pornos a proba e tentar competir ao máximo nivel e ver ata onde podemos chegar.

Pero esta vez non puido ser, partido moi duro e físico onde o rival e a propia pista, puxéronnolos moi difícil para traer a vitoria a terras coruñesas.

Moi bo inicio por parte dos nosos, onde unha decente defensa e un serio ataque onde todos xogabamos dentro do xogo do equipo e tomando decisións de moito criterio facíanos chegar ao descanso cunha mínima desvantaxe de dous puntos.
Tiñamos o partido onde queriamos, os xogadores concentrados, e realizando un bo baloncesto, só faltaba ter control do rebote no noso aro e tentar estar acertado de face ao aro.

Chegamos aos últimos 5 minutos co partido por decidir, máxima igualdade. Os nervios pasáronnos factura por algunha decisión arbitral en contra e por non poder ver o marcador (non había) para o control do tempo nos minutos finais, todo isto prexudícanos e tomamos malas decisións en momentos craves. O equipo rival soubo impor a súa dureza física para distanciarse no marcador e levar o encontro.

Boas sensacións a pesar da derrota onde cada partido demostramos que aquí hai moito traballo. Gran baloncesto que están a despregar estes mozos.

Baloncesto Narón 66

Basquet Coruña02 53: Carlos, Pau, Alberto, Alvaro, Jaime, Rocha, Sergio, Alex, Valin, Nico e Pablo.
Adestradores: Carlos Penedo e María Gras.

Parciais: 9-12, 22-21, 13-9, 22-11.








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro