Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: ICG Força Lleida - Leyma Coruña · 17/01/2020 21:00 Lleida || Senior Fem. 2ªDiv: Basquet Coruña Leyma S - CID Cook Muralla de Lugo · 18/01/2020 20:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Dimolk Xiria Artai - Básquet Coruña S · 19/01/2020 12:00 Pabellón Vila de Noia - Zona Escolar || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - GPO. Pelé Terrachá-Cid. Lugo · 18/01/2020 18:30 Polideportivo Ventorrillo || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Liceo la Paz · 19/01/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Fem. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña Leyma J · 19/01/2020 17:00 Instituto Rosalía de Castro || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U17 - Santa Maria del Mar Junior · 19/01/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - ORTODIX Basket Xiria Artai · 19/01/2020 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - CB Ría de Ribadeo · 19/01/2020 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: BV ASESORES LOS ROSALES 04 - Básquet Coruña Leyma U15 · 18/01/2020 18:00 Polideportivo Los Rosales || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U15 - Basquet Coruña U16/15 · 18/01/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: BV ASESORES LOS ROSALES - Básquet Coruña U16 · 18/01/2020 20:00 Polideportivo Los Rosales || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U15 - Basquet Coruña U16/15 · 18/01/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: Montrove - Básquet Coruña I · 18/01/2020 17:00 Canide- Mera || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: ARINGAL Ingenieros, Basket Ferrol - Básquet Coruña U13 · 18/01/2020 12:00 Polideportivo Municipal Esteiro || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Maristas Coruña · 18/01/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 - Montrove · 18/01/2020 12:00 Polideportivo Ventorillo || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U13 - Esclavas · 19/01/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Santa Maria del Mar B - Básquet Coruña U14 · 19/01/2020 10:00 Colegio Santa Maria del Mar || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 - Montrove · 18/01/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - PIO XII Rosalía · 19/01/2020 10:00 Polideportivo Riazor 1 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U12/11 - Santo Domingo Betanzos · 18/01/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U13/14 - Maristas Cristo Rey · 18/01/2020 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U11 - Emilia Pardo Bazán CDR · 18/01/2020 09:30 Polideportivo Agra II P-1 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Xiria Carballo 09 - BC Cristo Rey Alevín · 18/01/2020 12:30 Pazo dos Deportes de Arteixo P-3 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: BC Montespiño Alevín - CB Arteixo Duacode · 18/01/2020 11:00 Pazo dos Deportes de Arteixo P-1 || Minibasquet Mixto 2ºDiv: BC Eusebio da Guarda Alevín - Santo Domingo Betanzos Sada · 18/01/2020 12:30 Polideportivo Agra II P-3 || Infantil Fem. 2ªDiv: BC Montespiño Infantil - Compañía de María · 18/01/2020 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U11 - Obradoiro · Aprazado || Infantil Masc. 2ªDiv: Maristas Champagnat - BC Cristo Rey Infantil · 18/01/2020 18:00 Colegio Maristas || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Inf U14/13 - Santa Maria del Mar · 19/01/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Premini Fem. 2ºDiv: KFC Culleredo Amarillo - Basquet Coruña Leyma U10/9 · 19/01/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-3

Equipos base | 22/11/2016 12:39

Crónica Infantil Feminino 1ª División: Coa luz apagada

Crónica Infantil Femenino 1ª División: Con la luz apagada

"Gustaríame saber de que cor é a luz dunha vea cando está apagada".

(Juan Cruz, "O soño de Oslo").

Fagamos unha cousa. Xoguemos ás escuras. Eu farei que non me acordo do que sabes facer e ti non me coñeces de nada. Coma se non houbese partido de ida. Eu esquecereime de que corrías moito e anotabas todo o que tirabas, e ti esquecerasche de que eu non chegaba a defenderche. Así ti diraslle aos teus: había unha moza que se parecía unha chea a unha do partido que xogamos en casa... pero non, non pode ser ela porque a que vin hoxe defende a matar e xoga a un ritmo endiablado.

Non hai nada como mirarse á cara antes de saír á pista. Esquéceche do rival, das xogadoras de selección e do marcador da ida. Temos baixas, si, pero estamos aquí para dar a cara. Saímos coa marca da casa, presión a todo campo e algún guantazo de máis pola emoción. Duras dous minutos na pista e sales con esa cara de felicidade das pulsaciones a 200 porque sabes que o estás dando todo e que vas volver. (18-15) no primeiro, ver para crer. Chega o segundo cuarto e ambos os equipos son conscientes de que ese ritmo mata, facemos as paces (6-8) e cunha chea de imprecisións ímonos un arriba ao descanso. Incrible, por primeira vez fixemos máis faltas.

A pesar de que xa pesan as pernas seguimos aí, asomando a cabeza e botando a gadoupa a cada posesión rival, coa mesma vantaxe á metade do terceiro cuarto. E ata aí chegou o meu amor, acabóusenos o combustible e o (22-9) que resumiu o cuarto fíxonos pensar que se cadra xa se distanciaban demasiado. Saímos no último dispostas á remontada, con algunhas rabexadas pero exhaustas polo esforzo previo, e pechamos un digno (7-13) que nos sabe a pouco pero que nos dá a pista do camiño correcto. Xa chegarán os 40 minutos a todo pulmón, pero agora sabemos que nos temos, porque conseguimos confiar nesa que se ata as zapatillas ao meu lado de présa e correndo porque chega xusta, nesa que corre cega ao contrataque e que sabes que a vai a embarcar, ou nesa que se xoga 4 triplos seguidos porque eu válloo. E si, resulta que o vallo porque as outras 11 confían en min.

"Non hai éxito sen compromiso e non hai compromiso sen confianza. A confianza é binaria, ou se ten ou non se ten, non hai termos medios".

(José Ramón Cuspinera, "Jota").

BASQUET CORUÑA LEYMA: (18+6+9+7) 40: Laura Ibáñez, Sara Lara, Sofía Cernadas, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Martina Gutiérrez, Mayte Villca, Sara Fernández e Gabriela Biscaíño.

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces e Laura Pozo.

ESTUDANTES DE LUGO: (15+8+22+13) 58: Mulet, A., Prado, C., Fernández, E., Lebron, E,. Corujo, C., Díaz, C., Ranero, E., Fernández, M., Pita, A., Maio, B., López, S.

Adestrador: Álvaro Abuin.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city