Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Equipos base | 18/05/2016 17:21

Crónica Infantil Feminino 02: Pide un desexo

Crónica Infantil Femenino 02: Pide un deseo

Ten coidado co que desexas?repetíame a miña nai. Canta razón tiña. Xeralmente queixámonos da sorte, camiñamos con présa e non vemos que nos vai pasando por diante en cada cruzamento, ao alcance da man.

Este tren non o podiamos deixar pasar. Agora ou nunca. Tentámolo? Veña, tentámolo!

Debiamos 11 puntos do partido de ida. Apertamos os dentes toda a semana e cada minuto de adestramento transformouse en vendaval para saír á pista de maneira irresistible, coma se levásemos toda a vida adoitadas a este dalo todo que nos saía polas orellas. O banco a rebordar e o ánimo polas nubes. Pero tamén a concentración, non as coñecía ninguén.

De entrada, (11-3) no primeiro parcial e, polo si ou polo non, (15-1) no segundo que facía levantar as cellas de estrañeza aos que se incorporaron no descanso. O 26-4 só nos reportaba 11 puntos de vantaxe, xa que debiamos outro tanto, e co 18-3 adverso que encaixaramos en Cee á ida no último cuarto, non nos podiamos confiar. O león dorme.

A segunda parte deu continuidade á vontade da primeira, aínda que se notou que o rival se meteu no partido. Un (10-6) aumentaba a vantaxe e facía pensar en que xa cazaramos ao león. Pero non. Outra vez a relaxación. Logramos perder o último parcial con menos estrépito que á ida (4-12) e coa tranquilidade do traballo feito a tempo.

Basquet Coruña Leyma 02: 40 (11+15+10+4): Adela Villar, Sara Lara, Iria Candal, Sara Añón, Esther Veiga, Mayte Villca, Sofía Cernadas, Celia Noguerol, Sara Fernández, Martina Gutiérrez (alevín) e Branca Fernández (alevín).

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.

Costa da Morte: 22 (3+1+6+12): Lesta, M. Mouzo l., Moskowich, Mencía , Ayala, Manuela, Piñeiro, Uxía e Lema, A.
Adestrador: Manuel López

Agora soñemos?Final a 4 en Ferrol este domingo. Aí vai o meu desexo: eu quero brillar na noite.

A deusa

A noite de Iemanyá, toda a costa é unha festa. Baía, Río de Janeiro, Montevideo

e outras beiras celebran á deusa do mar. A multitude acende na area un lucerío

de velas, e arroxa ás augas un xardín de flores brancas e tamén perfumes, colares,

sopapos, caramelos e outras coqueterías e lambetadas que a ela tanto lle gustan.

Entón os crentes piden algún desexo:

o mapa do tesouro escondido,

a chave do amor prohibido,

o regreso dos perdidos,

a resurrección dos queridos.

Mentres os crentes piden, os seus desexos realízanse. Quizais o milagre non dure máis

que as palabras que o nomean, pero mentres ocorre esa fugaz conquista do

imposible, os crentes son luminosos e brillan na noite.

Cando a ondada leva as ofrendas, eles retroceden, de face ao horizonte, por non

dar as costas á deusa. E, a paso moi lento, regresan á cidade.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city