Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Almansa - Leyma Coruña · 02/02/2020 19:00 Almansa || Senior Fem. 2ªDiv: Castro de Lea - Basquet Coruña Leyma S · 02/02/2020 12:00 Castro Ribeiras de Lea || Senior Masc. 3ªDiv: WANDER COSTA DA MORTE - Básquet Coruña S · 01/02/2020 12:00 Pabellón Municipal Cee || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - Trebons Basket Club · 31/01/2020 21:00 Polideportivo La Normal || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Trebóns Basket Club - Esclavas · 02/02/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña U18 · 02/02/2020 19:00 Polideportivo Municipal de Cee || Cadete Fem. 2ªDiv: Obradoiro - Básquet Coruña Leyma C · 01/02/2020 16:00 Colegio Obradoiro || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Ensino Lugo · 02/02/2020 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U15 - Santa Maria del Mar Cadete · 02/02/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña U15 · 01/02/2020 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Masc. 2ªDiv: Maristas Champagnat - Básquet Coruña U16 · 01/02/2020 18:00 Colegio Maristas || Cadete Masc. 2ªDiv: TURISMO CARBALLO ARTAI EBX - Basquet Coruña U16/15 · 01/02/2020 16:00 Polideportivo Vila de Noia - Zona Escolar || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - KFC Culleredo · 31/01/2020 18:20 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: CELTAS GASOLEOS EUGENIA - Básquet Coruña U13 · 01/02/2020 16:00 Marzan || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Obradorio Fem 2º Año · 02/02/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 - Obradoiro Fem 1º Año · 01/02/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Estudiantes de Lugo - Básquet Coruña Leyma U13 · Aprazado || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - Obradoiro Masc · 02/02/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U12/11 - C.D Calasanz · 01/02/2020 09:30 Polidportivo Agra II P-1 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Liceo la Paz Verde - Básquet Coruña U11 · 01/02/2020 11:00 Pazo dos Deportes de Arteixo P-3 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Obradoiro Fem 1º Año - BC Montespiño Alevín · 02/02/2020 12:30 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Fem. 2ªDiv: Maristas Coruña - BC Montespiño Infantil · 01/02/2020 12:00 Colegio Maristas || Premini Fem. 2ºDiv: Básquet Coruña Leyma U10 - Obradoiro Fem · 02/02/2020 17:30 Polideportivo Sagrada Familia P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Básquet Coruña U10 - Jesuitinas A · 01/02/2020 16:00 Polideportivo Agra II P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Obradoiro Masculino - Basquet Coruña U9 · 01/02/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U11 - Obradoiro Fem 2º Año · 31/01/2020 19:00 Polideportivo Agra II || Infantil Masc. 2ªDiv: BC Cristo Rey Infantil - Basquet Coruña INF 14/13 · 01/02/2020 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: BC Cristo Rey Infantil - Básquet Coruña Inf U14/13 · 01/02/2020 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Santa MAria del Mar Benjamín - Basquet Coruña Leyma U10/9 · 02/02/2020 16:00 Polideportivo Sagrada Familia P-2

Equipos base | 22/11/2016 12:39

Crónica Infantil Feminino 1ª División: Coa luz apagada

Crónica Infantil Femenino 1ª División: Con la luz apagada

"Gustaríame saber de que cor é a luz dunha vea cando está apagada".

(Juan Cruz, "O soño de Oslo").

Fagamos unha cousa. Xoguemos ás escuras. Eu farei que non me acordo do que sabes facer e ti non me coñeces de nada. Coma se non houbese partido de ida. Eu esquecereime de que corrías moito e anotabas todo o que tirabas, e ti esquecerasche de que eu non chegaba a defenderche. Así ti diraslle aos teus: había unha moza que se parecía unha chea a unha do partido que xogamos en casa... pero non, non pode ser ela porque a que vin hoxe defende a matar e xoga a un ritmo endiablado.

Non hai nada como mirarse á cara antes de saír á pista. Esquéceche do rival, das xogadoras de selección e do marcador da ida. Temos baixas, si, pero estamos aquí para dar a cara. Saímos coa marca da casa, presión a todo campo e algún guantazo de máis pola emoción. Duras dous minutos na pista e sales con esa cara de felicidade das pulsaciones a 200 porque sabes que o estás dando todo e que vas volver. (18-15) no primeiro, ver para crer. Chega o segundo cuarto e ambos os equipos son conscientes de que ese ritmo mata, facemos as paces (6-8) e cunha chea de imprecisións ímonos un arriba ao descanso. Incrible, por primeira vez fixemos máis faltas.

A pesar de que xa pesan as pernas seguimos aí, asomando a cabeza e botando a gadoupa a cada posesión rival, coa mesma vantaxe á metade do terceiro cuarto. E ata aí chegou o meu amor, acabóusenos o combustible e o (22-9) que resumiu o cuarto fíxonos pensar que se cadra xa se distanciaban demasiado. Saímos no último dispostas á remontada, con algunhas rabexadas pero exhaustas polo esforzo previo, e pechamos un digno (7-13) que nos sabe a pouco pero que nos dá a pista do camiño correcto. Xa chegarán os 40 minutos a todo pulmón, pero agora sabemos que nos temos, porque conseguimos confiar nesa que se ata as zapatillas ao meu lado de présa e correndo porque chega xusta, nesa que corre cega ao contrataque e que sabes que a vai a embarcar, ou nesa que se xoga 4 triplos seguidos porque eu válloo. E si, resulta que o vallo porque as outras 11 confían en min.

"Non hai éxito sen compromiso e non hai compromiso sen confianza. A confianza é binaria, ou se ten ou non se ten, non hai termos medios".

(José Ramón Cuspinera, "Jota").

BASQUET CORUÑA LEYMA: (18+6+9+7) 40: Laura Ibáñez, Sara Lara, Sofía Cernadas, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Martina Gutiérrez, Mayte Villca, Sara Fernández e Gabriela Biscaíño.

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces e Laura Pozo.

ESTUDANTES DE LUGO: (15+8+22+13) 58: Mulet, A., Prado, C., Fernández, E., Lebron, E,. Corujo, C., Díaz, C., Ranero, E., Fernández, M., Pita, A., Maio, B., López, S.

Adestrador: Álvaro Abuin.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city