Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Equipos base | 13/04/2016 12:57

Crónica Infantil Feminino 02: Deshollinando volcáns

Crónica Infantil Femenino 02: Deshollinando volcanes

"É unha cuestión de disciplina, dicíame máis tarde o principiño. Cando pola mañá un termina de arranxarse, hai que facer coidadosamente a limpeza do planeta. Hai que dedicarse regularmente a arrincar os baobabs, cando se lles distingue das roseiras, aos cales se parecen moito cando son pequeniños. É un traballo moi fastidioso pero moi fácil."
(?O Principiño?, Antoine de Saint- Exupéry)

Así empezamos o partido do pasado domingo contra EMBAL Laracha. Cheiraba a segunda oportunidade, pisando con respecto o parquet de Riazor 2, non sexa que nos sorprendese o pánico escénico da primeira vez. Ambientazo para quentar o noso último partido de liga, con invitados de excepción e adestradores de luxo no banco (grazas, Prince, grazas Javi!).

A ida resultara épica, con 7 xogadoras e moito frío, e aquí co equipo case ao pleno non cabía a sorpresa, pero as cousas non sempre saen como se espera? As mozas de Laracha empezaron dubitativas cun 6-0 ao noso favor, pero pronto se sacudiron a imprecisión e igualaron o marcador, chegando ao final do primeiro cuarto case empatadas (8-6).

Empezou o segundo cuarto e non acababamos de distanciarnos, cunha igualdade inquietante, dado que xa tocaran a pista todas as xogadoras e puxeramos toda a carne no asador. Un puntiño máis de intensidade e a forza de contraataques disfrazamos de 10 puntos de vantaxe o que en realidade non estaba a ser para nada un partido claro (16-8).

Chegou o descanso e aclarámonos un pouco. Pareciamos a rosa do Principiño, tentando desenredarse pola mañá. Aínda non nos atreviamos a mirarnos no espello. Así que nos puxemos a deshollinar volcáns, exercicio de humildade e voilà! Atopámonos connosco mesmas. Outra vez o xogo rápido e as defensas correctas. O marcador foise avultando (16-6 no terceiro cuarto) e coa tranquilidade de ver resolto o que menos debería importarnos, centrámonos por fin no noso (15-2 no último). O noso somos nós e ese buscarnos permanentemente con eses pases marabillosos que che deixan esperando á repetición da tele. Entón te dás conta do que che perdiches.

Básquet Coruña Leyma 02 55 (8+16+16+15): Adela Villar, Lucía Méndez, Sofía Cernadas, Iria Candal, Sara Añón, Esther Veiga, Mayte Villca, Sara Fernández, Celia Noguerol, e os alevíns Branca Fernández e Martina Gutiérrez. Animaron ao equipo Sara Lara e Noelia Martínez.

Adestradores: Javi Rodriguez, Edda Beltrán, Laura Pozo.

EMBAL Laracha 22 (6+8+6+2): Tasende, A., Cameán, A., De la Fuente, R., Ramírez, R.D., Tuset, L., Camiño, P., Fernández, X., Naya, L. e Santos, E.

Adestrador: Veiga, R.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city