Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Levitec Huesca - Leyma Coruña · 18/10/2019 21:00 Huesca || Senior Fem. 2ªDiv: C.B Laracha Novafacial - Basquet Coruña Leyma S · 20/10/2019 17:00 IES Agra de Leboris || Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña S - Dimolk Xiria Artai · 19/10/2019 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: GPO.Pelé Terracha - Idefic Imatia Básquet Coruña · 18/10/2019 21:00 -- || Junior Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U18 - Básquet Coruña J · 18/10/2019 21:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Junior Fem. 1ªDiv: Compañía de Maria- Vigo - Básquet Coruña Leyma J · 19/10/2019 16:00 Compañia de Maria-VIGO || Junior Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria - Básquet Coruña U17 · 20/10/2019 17:00 Compañía de Maria - Coruña || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - Basquet Coruña J · 18/10/2019 21:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña Leyma C · 19/10/2019 17:00 Canide-Mera || Cadete Masc. 1ªDiv: CB Ría de Ribadeo - Básquet Coruña C · 20/10/2019 12:00 Pabellon Grande de Ribadeo || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U15 - KFC Culleredo · 20/10/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 - Básquet Coruña U15 · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 - BV Asesores Los Rosales · 19/10/2019 20:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 - Basquet Coruña U15 · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - Montrove · 19/10/2019 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Basket School · 19/10/2019 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Esclavas - Básquet Coruña Leyma U13 · 19/10/2019 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 - Peleteiro · 20/10/2019 12:00 Montouto || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - Peleteiro · 20/10/2019 12:00 Montouto

Equipos base | 20/02/2017 10:54

Crónica Inf fem Leyma: Estados de ánimo

Crónica Inf fem Leyma:  Estados de ánimo

Temos todo para estar contentas, para sentirnos ben. Adestramos en pistas que moitos equipos non ven en todo o ano e sempre nos parece que algún balón bota mal ou que o cemento rasca de máis. Que se os tenis escorregan, que se a comida que reservamos non me gusta? pero como cambia a película cando de entrada xa imos contentas, metémonos dúas horas de bus entre peito e costas cantando a berros e plantámonos en Ourense para medirnos a Carmelitas. Comida de deseño para miradas exquisitas e paseo por o casco antigo, demasiado tentador ir ás Burgas e non probalo en carne propia? xa díxenche que non meteses a man aí que queima. Hoxe xogamos a cegas, non sabemos de onde sae o runrún pero todos dinnos que nos pasarán por encima sen máis. Vexamos.

Unha cancha pequena e acolledora, o botón de start e alá imos. A saída que imaxinamos toda a semana, por diante no marcador e correndo a todo gas. 18-12 no primeiro e con ganas de máis. Pero relaxámonos no rebote, píntannos unha estupenda 2-3 e alá van os nosos soños e con eles as ganas de defender, 24-11 no segundo. Demasiadas penetracións fáciles e cando non anoto xa non me acordo de pechar o rebote.

Descanso fugaz, 7 abaixo e todo por facer. Saímos sabendo que se pode, pero vén o baixón e o rival vaise distanciando. Seguimos estreladas fronte a a zona e mantémonos no partido cos poucos tiros que entran. 21-12 e isto son palabras maiores, perdemos de 16. Entón ponnos o espello diante: a que crea que se poida que salga á pista. E vaia se se pode. Faise  o silencio no pavillón, o que xa eran celebracións convértense en caras de perplexidade e dez mans rouban balóns coma se non houbese un mañá. Golpes e malas caídas que de súpeto non me desbasten tanto, para rubricar unha remontada de ilusión. 2:30 para o final e empate a 61. Cae algunha 5ª falta pero seguimos crendo. Último minuto empatadas a 65? e fóillenos . O outro día cara, hoxe cruz, o que está claro é que o 12-24 do último cuarto non o soñei, estaban aí 11 valentes e créronme. E con iso xa me sobra para crer en vós. Sodes formidables.

CARMELITAS 2003 OURENSE (12+24+21+12) 69: Muguerza, Magide, Lorenzo, Quintás, Fenco, Tabares, Rego, Pena, Laforga, Rodríguez, Soto e Pena.

Adestrador: A. Navarro.

BÁSQUET CORUÑA LEYMA (18+11+12+24) 65: Laura Ibáñez, Inés Ferreiro, Sara Lara, Sofía Cernadas, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Martina Gutiérrez, Mayte Villca, Sara Fernández e Gabriela Biscaíño.

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces e Laura Pozo.

http://www.poemas-da- alma.com/estados-de- animo.htm









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro