Equipos base | 11/05/2017 14:04
Crónica Inf fem 1ª div: Pegando o estirón

As cousas difíciles parecen posibles en canto pénsallas un pouco, pero fanse imposibles se llas pensa de máis.
("Corazón tan branco", Javier Marías).
É deses días nos que crecemos. Cando te enfermas con esa idade e volves ao adestro ao cabo duns días todos dinche isto. A nosa enfermidade pasara a semana anterior, en dous partidos de vertixe en os que puxemos toda a intención e faltounos acerto. Non puidemos con Carmelitas por ben pouco e demos a cara e algo máis contra Peleteiro, ata a reserva.
Este sábado en Vigo non nos podía pasar o mesmo, así que nos puxemos a crecer na pista. Cuarto a cuarto. Ou se cadra é que nos puxemos a crer: había consenso e notábase. Por fin volvían as lesionadas, que larga espera e que ganas lle puxeron.
O primeiro cuarto resumía nun tímido 6-9 os incontables erros de finalización que puñan a proba os nervios máis tépedos. E con todo a cousa non vai mal, nunca se sabe o lonxe que se pode chegar cun pouco de humildade e moito esforzo. Asoma de novo o fantasma da lesión, pero hoxe reaccionamos como señoras. No segundo déixannos correr e a iso gáñannos moi poucos, 9-14 para estirar un pouquiño a vantaxe a 8 puntos.
Saímos á segunda parte con pouco acerto pero sen dúbidas, pelexando cada balón e atentas ao importante. 9-12 no parcial e xa temos 11, non se nos pode escapar. Aumentamos a vantaxe no último ata 14 e permitímonos unha homenaxe, para pechar 12-15 o último. As 12 xogadoras en pista, e fóra un día de sol radiante que corrobora este momentazo que non debemos esquecer para acabar a tempada ao grande. Agora, a dar o do de peito, non queda outra.
"Non hai alivio máis grande que comezar a ser o que se é".
Alejandro Jodorowsky.
COMUNIGAL SEIS DO NADAL (6+9+9+12) 36: Medeirós, Saw Santos, Adame, Pérez, Patiño, Igrexas, Jacobo, Torres, Alonso, López, Lago e Toledano.
Adestradores: Montenegro e Solano.
BÁSQUET CORUÑA LEYMA (9+14+12+15) 50: Laura Ibáñez, Inés Ferreiro, Sara Lara, Sofía Cernadas, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Martina Gutiérrez, Carolina Varela, Mayte Villca, Sara Fernández e Gabriela Biscaíño.
Adestradores: Edda Beltrán, Olalla Luaces e Laura Pozo.
Equipos base | 10/05/2017 14:04